New Order: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (Bot: Engado: fa:نیو اردر
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-influínte +influente, -influíntes +influentes)
Liña 17:
'''New Order''' foi unha banda inglesa formada en [[1980]] por Bernard Sumner (voces, guitarras, sintetizadores), Peter Hook (baixo, coros, batería electrónica) e Stephen Morris (batería, sintetizadores). New Order formouse a raíz da desaparición do seu anterior grupo, [[Joy Division]], despois do suicidio do vocalista [[Ian Curtis]]. Posteriormente uníuselles o teclista Gillian Gilbert.
 
New Order combinou [[post-punk]] e dance electrónico e converteuse nunha das bandas máis aclamadas pola crítica e máis influentes dos anos 80. A pesar de que nos seus primeiros anos estivo ensombrecida polo legado de [[Joy Division]], a súa inmersión na escena de clubs de [[Nova York]] a principios dos 80 aumentou os seus coñecementos sobre a música dance. O seu hit de [[1983]] "Blue Monday" achegounos de cheo á música dance e aos instrumentos sintetizados, e trátase do sinxelo de 12" máis vendido da historia. New Order foi a banda insignia do selo Factory Records, e as súas portadas minimalistas reflectían a estética do selo. A banda foi considerada frecuentemente tanto polos seareiros, coma críticos e outros músicos como unha forza moi influínteinfluente nas escenas do [[rock alternativo]] e da música dance.
 
New Order estivo en hiato entre [[1993]] e [[1998]], tempo durante o cal os seus membros participaron en varios proxectos paralelos. A banda reuníuse en [[1998]] e no [[2001]] editaron ''[[Get Ready]]'', o seu primeiro álbum en oito anos. No [[2005]] Phil Cunningham (guitarra, sintetizadores) reemprazou a Gilbert, que deixara o grupo debido a compromisos familiares.