Ella Fitzgerald: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-influínte +influente, -influíntes +influentes)
Liña 3:
'''Ella Jane Fitzgerald''', coñecida como '''Ella Fitzgerald''' e alcumada '''Lady Ella''' e '''The First Lady of Song''' (''A primeira dama da canción''), nada en [[Newport News]] o [[25 de abril]] de [[1917]] e finada en [[Beverly Hills, California|Beverly Hills]] o [[15 de xuño]] de [[1996]], foi unha cantante estadounidense de [[jazz]]. Non obstante esta condición básica de jazzista, o repertorio musical de Ella Fitzgerald é moi amplo e inclúe [[Swing (música)|swing]], [[blues]], [[bossa nova]], [[samba]], [[gospel]], [[Calipso (música)|calipso]], cancións de nadal, [[pop]] etc.
 
Canda [[Billie Holiday]] e [[Sarah Vaughan]], está considerada como a cantante máis importante e influínteinfluente da historia do [[jazz]] (e, en xeral, da canción melódica popular). Estaba dotada dunha voz cun rango vocal de tres [[oitavas]], destacando a súa precisa e diáfana vocalización e a súa capacidade de improvisación, sobre todo no [[scat]], técnica que desenvolveu nos anos corenta e do que logo xurdiu o [[bop]]. Nos anos cincuenta sentou cátedra coa súa concepción da canción melódica, en paralelo á obra de [[Frank Sinatra]], coas súas versións dos temas dos grandes compositores da canción popular estadounidense (os ''songbooks'' de [[Duke Ellington]], [[Cole Porter]], [[Johnny Mercer]], etc.). O único reparo que se lle puxo ao seu talento interpretativo era a certa incapacidade para adaptarse emocionalmente a letras con contido dramático.
 
Gañou 13 Premios [[Grammy]], e foi galardoada ca ''Medalla Nacional das Artes'' e a ''[[Medalla Presidencial da Liberdade]]'' de [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]].