Abrir o menú principal

Cambios

m
Bot: Substitución automática de texto (-influínte +influente, -influíntes +influentes)
Durante a [[Guerra Fría]], o '''Bloque do Leste''', tamén chamado '''Bloque soviético''' e '''campo socialista''', comprendía os seguintes países de Europa [[Europa central|central]] e [[Europa oriental|oriental]]: [[Bulgaria]], [[Romanía]], [[Hungría]], a [[República Democrática Alemá]], [[Polonia]], [[Albania]], a [[Unión Soviética]] e [[Checoslovaquia]]. O Bloque do Leste adoita considerarse idéntico ao [[Pacto de Varsovia]]. Outra das organizacións que reunían aos países do bloque era o [[Consello de Axuda Mutua Económica]].
 
[[República Federal Socialista de Iugoslavia|Iugoslavia]] nunca formou parte do Bloque do Leste nin do Pacto de Varsovia. Malia ser un [[Estado socialista]], o seu líder [[Josip Broz Tito]] chegou ao poder grazas ao seu mando sobre a resistencia partisana durante a [[Segunda Guerra Mundial]] e sempre mantivo unha política de distanciamiento e autonomía respecto da influínteinfluente Unión Soviética. O goberno iugoslavo mantívose neutral durante a Guerra Fría e foi un dos fundadores do [[Movemento de Países Non Aliñados]].
 
Pola súa banda, o goberno de [[Albania]] (tildado de [[Estalinismo|estalinista]]) tamén logrou o poder sen axuda soviética como consecuencia da Segunda Guerra Mundial. Albania rompeu a súa relación coa Unión Soviética a comezos dos [[1960|anos 1960]], aliñándose coa [[República Popular Chinesa]] e a súa posición [[antirrevisionismo|antirrevisionista]].
44.135

edicións