Sicherheitsdienst: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
m recat.
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 1:
[[Ficheiro:SDInsig.gif|250px|thumb|Insignia da SD levada na manga esquerda do uniforme]]
O '''Sicherheitsdienst''' ou '''SD''' (Servizo de Seguridade) era o servizo de intelixencia das SS. Ésta foiFoi a primeira organización de intelixencia en crearse dentro do partido nazi, e foi consideraba como unha "organización irmá" da [[Gestapo]]. Entre [[1933]] e [[1939]], o SD estivo baixo a autoridade da ''[[Sicherheitspolizei]]''. A partir de [[1939]] foi transferida e posta baixo a autoridade da ''[[Reichssicherheitshauptamt]]''.
 
Como todas as demais organizacións auspiciadas polo partido nazi, durante os [[Xuízos de Nuremberg]], tras o final da [[Segunda Guerra Mundial]], foi condenada por crimes contra a humanidade e prohibida en [[Alemaña]].
Liña 7:
O SD creouse en [[1932]] e púxose baixo o mando de [[Reinhard Heydrich]], coa misión de detectar, investigar e neutralizar posibles inimigos dos líderes do partido nazi, tanto dentro como fóra do mesmo. Nesta función entraba nunha certa competencia coa ''[[Sturmabteilung]]'' (SA), pero, despois de moitas discusións, o [[9 de xuño]] de [[1934]] foi declarado como "servizo de información do partido" en exclusiva. En [[1938]] ampliáronse as súas atribucións, convertíndoo no servizo de información oficial para todo o estado, apoiando á [[Gestapo]] e traballando en colaboración coas administracións Xeral e Interior.
 
O SD organizou unha rede de axentes e informadores ao longo do Reich, incluindoincluíndo tamén máis adiante os territorios ocupados. Consistía nalgúns centos de axentes a tempo completo, e varios milleiros de informadores ubicados en todos os campos da sociedade, incluindoincluíndo o propio partido nazi e as forzas armadas alemás. O SD era a axencia encargada de conseguir a información, mentres a Gestapo e a [[Kriminalpolizei]], ou Kripo, eran as axencias executivas do sistema de policía política. Todas elas atopábanse baixo o control efectivo de [[Heinrich Himmler]] como Xefe da Policía alemá. Sumado á súa xefatura das [[SS]], convertíano nun dos xerarcas máis influintesinfluentes da Alemaña nazi.
 
[[Categoría:Alemaña nazi]]