Diccionario enciclopédico gallego-castellano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 3:
 
== Elaboración ==
Eladio Rodríguez elaborou o seu dicionario durante gran parte da súa vida, comezándoo entre [[1914]] e [[1916]]. A finais dos [[1920|anos 20]] semellaba telo practicamente rematado e suponse que a partir de [[1936]] só faría algunha corrección e rescribiría algunha entrada <ref>Nas voces ''coro'' ou ''diccionario'' constan datos do ano 1940.</ref>.
{{cita|"''O autor deixóu crara e amorosamente manuscritas os milleiros e milleiros de cuartelas que constitúen o orixinal completo da obra. Traballóu nelas durante toda a súa vida, sempre engadindo algún dato novo, sempre coa ilusión de as ver saír un día prá imprenta''"|Nota editorial que introduce o ''Diccionario''}}
 
En [[1922]], ''[[A Nosa Terra (1916)|A Nosa Terra]]'' comenta que "''aínda tardará moito en saír á luz''", e [[Xosé Lesta Meis|Lesta Meis]], en [[1926]], escribe que o autor aínba vai pola letra R pero que podería estar rematado en cuestión duns meses.
Seguiu o modelo do ''[[Diccionario de la lengua española de la Real Academia Española|Diccionario de la Real Academia Española]]'' o que o levou á incorporación de [[castelanismo]]s propios de [[América]] superfluos en galego<ref>Antón Santamarina (1955), p. 82</ref>; tamén incorporou boa parte das entradas dos dicionarios anteriores, moitas veces por medio do [[Diccionario gallego-castellano (1913)|dicionario]] publicado pola [[Real Academia Galega]] e voces procedentes da terra natal do autor. Recolle tamén como entrada, con certa incoherencia, algúns topónimos e antropónimos (mesmo algúns hipocorísticos), así como algún [[xentilicio]] e dialectalismos (especialmente baseados no [[seseo]] implosivo). Discútese o seu carácter ''enciclopédico'', toda vez que non inclúe biografías nin outros conceptos propios dunha enciclopedia. Só aquelas palabras que designan aspectos da cultura material e espiritual de Galicia, como ''casa'', ''muíño'', ''antroido'', ''maiordomo'', ''foro'', ''aire'', ''demo'' etc., desenvólvense nun formato propio dunha enciclopedia mentres a o resto -a gran maioría- defínense como en calquera dicionario convencional
 
Pero o valor do seu dicionario reside na achega en moitas entradas de comentarios de valor [[etnografía|etnográfico]] e [[freaseoloxía|freaseolóxico]], con ata 11.363 [[refrán]]s <ref>Realmente, son 11.961 refráns, pero excluíndo locucións, coplas, castelanismos e repeticións, queda esta cifra de 11.363. [[Xesús Ferro Ruibal]] recompilounos e clasificounos tematicamente en 1987.</ref> e locucións.
Liña 12 ⟶ 13:
 
==Publicación==
A finais de 1920 semellaba telo practicamente rematado. Nun artigo publicado en [[1928]] n'''A Nosa Terra'' por [[Vicente Risco]], anúnciase a próxima publicación na [[Editorial Nós]] do ''Diccionario'' por fascículos <ref> Tamén en Clodio González Pérez: ''Eladio Rodríguez González''. Toxosoutos, 2000, páxina 114.</ref>:
{{cita|"''Este Diccionario contén non somentes infinidade de verbas, senón tamén xiros, excpresións, refrñans, historia e todol-os elementos que integran a vida galega e todol-os segredos e variedades da nosa fala. Algo rematado que vén a constituir unha compreta Enciclopedia galega. Como craramente se adiviña resulta unha obra d'unha extensión enorme e por eso o único xeito doado de dal-a â luz é imprentándoa por coadernos. D'ese xeito "Nós" vai a comezar a dirixir circulares para asegurar de momento un necesario número de suscritores. Os coadernos serán quincenais ou decenás según conveñan o rápido remate da obra e abonaranse adiantados os dez primeiros, ou sexa dez pesetas. Sairán con toda regularidade e con compreta garantía para os suscritores''"|''A Nosa Terra'' nº 254, 1.11.1928, p. 6.}}