Compás (debuxo): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Navegación marítima
m Metal (material)
Liña 4:
Un '''compás''' é un [[Ferramenta|instrumento]] de [[debuxo técnico]] que se pode utilizar para realizar [[círculo]]s ou [[Arco (xeometría)|arco]]s. Tamén se pode utilizar como unha [[ferramenta]] para medir [[distancia]]s, en particular nos [[mapa]]s. Os compases empréganse en [[matemáticas]], para [[debuxo]], [[Navegación marítima|navegación]] <ref>Non confundir co [[compás (navegación)|compás magnético]].</ref> e outros fins.
 
Os compases fabrícanse xeralmente de [[Metal (material)|metal]], e constan de dúas partes unidas por un [[gonzo]], [[palmela]] ou [[bisagra]] que se pode axustar. Normalmente, unha parte ten unha punta no seu extremo, e a outra un [[lapis]] ou, ás veces, un [[bolígrafo]]. Os círculos poden facerse apertando a punta do compás no [[papel]], apoiando o lapis no papel e movéndoo ao redor mentres se mantén a bisagra coa mesma apertura. O raio do círculo pode axustarse cambiando a apertura da bisagra.
 
As distancias pódense medir nun mapa utilizando compases con dúas puntas. A bisagra axústase de tal maneira que a distancia entre as puntas no mapa representa unha certa distancia na realidade, e medindo cantas veces o compás se axusta entre dous puntos no mapa pódese medir a distancia entre ditos.