Beowulf (poema): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (Bot: Modifico: bg:Беоулф
m troll (mitoloxía)
Liña 5:
O único manuscrito que se conservou data do século IX ou X. Aínda que o poema non ten título no manuscrito, chamáronlle '''Beowulf''' desde principios do [[século XIX]].
 
A súa importancia é equiparábel á do ''[[Cantar dos Nibelungos]]'', do ''[[Cantar de míoMío Cid]]'', do ''[[Cantar de Roldán]]'' ou do ''[[Lebor Gabála Érenn]] (Libro das Conquistas de Irlanda)''. Estímase que o poema se redactou na primeira metade do [[século VI]], aínda que este tema é obxecto de debate. A acción que narra sitúase nos séculos V-VI.
 
Ten dúas grandes partes: a primeira acontece durante a mocidade de Beowulf, e narra como acode en axuda dos daneses ou [[xutos]], que sufrían os ataques dun xigante ([[Grendel]]), e tras matar a este, enfróntase á súa nai; na segunda parte Beowulf xa é o rei dos [[gautas]] e pelexa ata a morte cun [[dragón]].
Liña 14:
[[Ficheiro:Beowulf (geography)3.PNG|right|200px|thumb|Unha aproximación ás rexións centrais das tribos mencionadas no Beowulf. A área vermella é [[Västergötland]] (a rexión nuclear de [[Geatland]]), a área amarela é o territorio que gobernaban os [[wulfingas]], á área rosa é o territorio [[Dinamarca|dinamarqués]]. A área verde é o territorio dos [[suecos]]. A área azul representa a terra dos [[xutos]], mentres que a área laranxa pertence aos [[frisios]].]]
[[Ficheiro:Beowulf challenged by the coastguard by E Paul.jpg|thumb|Chegada de Beowulf a Dinamarca]]
Desenvólvese en Dinamarca, onde o espléndido palacio de [[Heorot]] se ve asolado polos mortais asaltos do [[xigante]]-[[troll (mitoloxía)|troll]] [[Grendel]], que se ensaña cos criados e guerreiros do rei [[Hrothgar (Beowulf)|Hrothgar]], devorándoos.
 
Inesperadamente, preséntase no palacio o mozo Beowulf, príncipe dos gautas de [[Gëatlantt]] ([[Suecia]] meridional), cun grupo dos seus partidarios e ofrece ao monarca destruír ao monstro. A primeira impresión de Hrothgar é de escepticismo fronte ás pretensións do descoñecido heroe, pero recíbeo xentilmente e ao cabo dun espléndido banquete, encoméndalle a tarefa ao recén chegado.
Liña 39:
*'''[[Beowulf, heroe|Beowulf]]''': Personaxe protagonista do poema épico anglosaxón homónimo, ambientado na [[Escandinavia]] medieval. Fillo adoptivo de [[Hygelac]] e posteriormente rei de Gëatlantt.
 
*'''[[Grendel]]''': [[troll (mitoloxía)|Troll]] demoníaco que habitaba coa súa nai nunha cova nas marismas próximas a Heorot e que, ao inaugurarse a luxosa sala de Hrothgar, comezou a acosar aos nobres que se reunían alí, matándoos, ata se apoderar do pazo. Finalmente é morto por Beowulf nun combate individual sen armas.
 
*'''[[Hrothgar]]''': Rei de Heorot, é o segundo de tres irmáns (os outros dous son Heorogar e Faga). O seu nome significa "Lanza veloz".