Focalización: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Literatura en progreso}}
[[Ficheiro:Focalización. Punto de vista. Galicia (Spain).jpg|thumb|250px|Punto de vista]]
'''Focalización''' é un concepto utilizado na [[crítica literaria]] para describir a relación que se dá entre quen "ve", o que acontece e o que "se ve".
 
Cando se presentan acontecementos sempre se fai desde unha certa perspectiva. Elíxese un punto de vista, unha forma específica de ve-las cousas, un certo ángulo. A focalización é, segundo [[Mieke Bal]], a relación entre a "visión", o "[[axente]]" que ve, e o que se ve. Implica a elección dunha ou máis perspectivas desde as que abordar o conxunto da [[historia]] que se quere transformar nun discurso modalizado ([[relato]]).