Diferenzas entre revisións de «Opus Dei»

tipos de membros
m (→‎Historia e características: Alcalá de Henares)
(tipos de membros)
[[Imaxe:Stjosemariaprayercard.jpg|thumb|right|San [[Xosemaría Escrivá de Balaguer]], o fundador do Opus Dei]]
 
A '''Prelatura da Santa Cruz e Opus Dei''' (máis coñecida como '''Opus Dei'''), é unha institución pertencente á [[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]]. Foi fundadaFundada o [[2 de outubro]] de [[1928]] por [[Xosemaría Escrivá de Balaguer|San Xosemaría Escrivá de Balaguer]], sacerdote [[España|español]] canonizado en [[2002]]. O termo [[Lingua latina|latino]] ''Opus Dei'' significa "obra de Deus".
 
A prelatura persoal está gobernada porpolo un[[bispo]] [[Igrexa Católica Romana|prelado]], [[Javier Echevarría Rodríguez]] e composta polos sacerdotes que forman o [[sacerdote|clero]] propio da prelatura e, na súa maioría, por fieis [[laico]]s.<ref>As prelaturas persoais regúlanse nos artigos 294 a 297 do [[Código de Dereito Canónico]].</ref>
 
== Historia e características ==
[[Ficheiro:Opus Dei expansion.svg|thumb|left|300px|Expansión do Opus Dei polo mundo]]
[[Ficheiro:Camino-rodriguez.jpg|thumb|right|200px|Camino]]
O Opus Dei, fundado en 1928, foi aprobado por primeira vez en [[1941]] polo bispo de [[Madrid]]-[[Alcalá de Henares |Alcalá]] ([[España]]). Anos despois, en [[1950]], a [[Santa Sé]] aprobouno como [[Instituto Secular]], rexéndose polos seus propios estatutos. Tras solicitalo, foi erixida como [[prelatura persoal]] en [[1982]] polo [[Papa]] [[Xoán Paulo II]], sendo a única existente na actualidade. A prelatura depende da ''[[Congregación para os Bispos]]''.
 
 
* ''Opus Dei: ¿obra de poder?'' - BBC Mundo: http://news.bbc.co.uk/hi/spanish/specials/newsid_4213000/4213870.stm</ref>
 
== Tipos de membros ==
O Opus Dei é unha prelatura personal da [[Igrexa Catolica]], formada por [[presbíteros]], [[diáconos]] e laicos fronte dos cales está o [[Prelado]]. A Sociedade Sacerdotal da Santa Cruz, é unha asociación sacerdotal intrínsecame unida á prelatura persoal á que poden pertencer sacerdotes diocesáns. Cando se dí que alguén pertence ao Opus Dei, quere dicir que se atopa nalgunha destas categorías: sacerdotes da prelatura, laicos que se adican ás labores apostólicas e sacerdotes da Sociedade Sacerdotal da Santa Cruz.
 
A súa vez, dentro de cada grupo existen varios subgrupos:
* Sacerdotes da Prelatura: poden ser numerarios ou agregados.
* Laicos: poden ser numerarios/as, agregados/as, supernumerarios/as ou numerarias auxiliares.
* Sacerdotes diocesanos: poden ser agregados ou supernumerarios.
 
Por último ambas institucións (a Prelatura e a Sociedade Sacerdotal) admiten Cooperadores <ref>[http://www.asociacioncooperadoresopusdei.org/index.php?option=com_content&task=view&id=5&Itemid=6 Asociación de Cooperadores y Amigos del Opus Dei]</ref> (de cualque tipo a primeira, só sacerdotes diocesáns a segunda), que sen pertencer a elas prestan axuda de xeito estable, coas súas limosnas, oracións ou traballo.
 
=== Sacerdotes do Opus Dei ===
[[Ficheiro:Bishopjechevarria.jpg|thumb|right|300px|Javier Echevarría é o actual bispo prelado do Opus Dei.]]
Representan menos do 2% do total dos seus membros, o que da ó Opus Dei unha natureza fundamentalmente laica dentro da [[Igrexa Católica]]. Proceden dos numerarios e agregados laicos do Opus Dei. Principalmente, atenden aos membros laicos e traballan nas labores apostólicas. Os principais cargos de goberno na prelatura (Prelado, Vicarios Rexionales e Vicarios Delegados) soen estar ocupados por membros desta categoría.
 
Os sacerdotes que forman o clero da prelatura foron chamados polo prelado para facerse sacerdotes e, libremente, aceptaron esta chamada. Realizan os seus estudos sacerdotais nos centros ou seminarios do Opus Dei, e o Opus Dei responsabilizase do seu sustento.
 
Os sacerdotes numerarios e agregados viven como os laicos numerarios e agregados, respectivamente: os sacerdotes numerarios en centros da prelatura, e os sacerdotes agregados coa súa familia, en residencias, sós, etc. Varios sacerdotes numerarios foron ordeados bispos polo [[Papa]].
 
=== Laicos del Opus Dei ===
Supoñen a inmensa maioria dos membros da Obra (máis do 98%). Existen varios tipos de membros laicos na Prelatura do Opus Dei:
 
* '''Supernumerarios'''
Son os máis numerosos, representando actualmente preto do 70 % do total dos membros.<ref name="TRIBUNE" /> Os supernumerarios non teñen compromiso de celibato (é dicir poden casar e ter fillos), viven e traballan onde consideran oportuno, e buscan a santificación na súa vida diaria. Ademáis de ter un "plan de vida" espiritual con diversos medios de formación e prácticas de piedade. Debido á súa profesión e obligacions familiares, os supernumerarios non poseen tanta dispoñibilidade como os numerarios ou agregados, pero soen colaborar económicamente co Opus Dei ou ofrecer algún tipo de apio segundo as circunstancias llo permitan. Non ocupan cargos diretivos.
 
Aínda que ás veces se fale só en masculino, en todos os grupos, salvo no das numerarias auxiliares, hai homes e mulleres: numerarios e numerarias ... Ambas seccións (masculina e femenina) son completamente independentes (distintos centros e labores apostólicas).
 
* '''Agregados''' (hasta 1982, ''oblatos''):
Son membros con compromiso de celibato que -a diferencia dos numerarios- viven coas suas familias, o onde lles resulte máis conveniente por razóns profesionais. Son aproximadamente un 10% dos membros do Opus Dei. Non ocupan cargos diretivos na Obra.
 
* '''Numerarios''':
Comprenden aproximadamente o 20% dos membros.<ref name="TRIBUNE">{{Cita web|url=http://www.rickross.com/reference/opus/opus41.html|obra=Chicago Tribune|título=Catholics scrutinize enigmatic Opus Dei|fechaacceso=27-11-2006}} ''mirrored on RickRoss.com and [http://web.archive.org/web/20041101144409/http://www.sunherald.com/mld/sunherald/news/nation/7495603.htm here]''</ref> Os numerarios e numerarias son membros con compromiso de célibato que, polo xeral, viven nun centro do Opus Dei. Poden, en principio, exercer unha profesión civil, pero deben estar dispostos a renunciar ó seu exercizo se a Prelatura o solicita para ter outra función dentro da Obra.
 
Son os primeiros responsables da formación dos demáis membros do Opus Dei, e soen desempeñar os cargos diretivos. Numerarios e numerarias (non así as numerarias auxiliares) reciben unha formación filosófica e teolóxica que, ao longo da súa vida é comparable coa recibida nun seminario.
 
* '''Numerarias auxiliares''':
Son numerarias que adícan a súa vida exclusivamente ao traballo [[doméstico]] (limpeza, cociña, coidado da roupa, xestión, etc.) dos centros. Viven nos centros do Opus Dei e polo xeral non exercen ningunha profesión externa. Non teñen cargos diretivos.
 
Nos estatutos do Opus Dei dise sobre as numerarias auxiliares:
:''(...) además, en la sección de mujeres, las Numerarias auxiliares, con la misma disponibilidad que las demás Numerarias, dedican su vida principalmente a los trabajos manuales u oficios domésticos, que acogen voluntariamente como trabajo profesional propio, en las sedes de los centros de la Obra.'' (n. 9)..[[Ficheiro:PerottetOpusDeisupernumerary.jpg|thumb|220px|right|Familia de John Perrottet, membro supernumerario do Opus Dei.]]
 
=== Sacerdotes da Sociedade Sacerdotal da Santa Cruz ===
A Sociedade Sacerdotal da Santa Cruz é unha asociación de clérigos (sacerdotes), intrínsecamente unida á prelatura persoal do Opus Dei. A ela pertencen presbíteros e diáconos diocesanos que así o desexen, e os sacerdotes (numerarios ou agregados) que forman o clero da prelatura. O prelado do Opus Dei, Monseñor [[Javier Echevarría Rodríguez|Javier Echevarría]] é o presidente da Sociedade.
 
=== Cooperadores do Opus Dei ===
Os cooperadores do Opus Dei non son membros da prelatura, pero colaboran de distintos xeitos con ela (oracións, limosna, traballo). Para ser Cooperador non é necesario ser cristiano senon que, tan só, ter desexos de colaborar coas actividades e/ou fins do Opus Dei
 
Os cooperadores poden participar das actividades educativas e de formación do Opus Dei. Asimesmo, comunidades relixiosas poden ser cooperadores da Prelatura. Actualmente existen centos destas comunidades que cooperan mediante as súas oracións polo Opus Dei e o seu apostolado.
 
== Notas ==
Usuario anónimo