Necrópole: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Mudando "File" e "Image" por "Ficheiro"
Sen resumo de edición
Liña 5:
As necrópoles foron construídas por varias razóns, ás veces eminentemente relixiosas, como a Necrópole de [[Giza]], en [[Exipto]]. O chamado Val dos Reis xorde durante o Imperio Novo, fronte a [[Menfis]], co propósito de evitar os periódicos roubos dos ricos enxovais funerarios de faraóns e nobres exipcios, configurando os enterramentos como luxosas galerías subterráneas, pero ocultando e selando os seus accesos. A gran maioría foron saqueadas poucos anos despois.
 
Moitas culturas fundaron necrópoles en resposta á prohibición de practicar enterramentos dentro dos límites urbanos{{Cómpre referencia|data=marzo de 2010}}. Os camiños que partían das cidades foron ornados con monumentos funerarios, especialmente no [[Imperio romano]]. Aínda poden verse na Vía Apia de [[Roma]], en [[Italia]].
 
Durante o [[século XIX]] as necrópoles monumentais gozaron dun rexurdimento, alentado pola moda vitoriana, con grandes e elaborados sepulcros.