Guillem Sagrera: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎En Palma de Mallorca: Paulo de Tarso
Liña 9:
 
=== En [[Palma de Mallorca]] ===
A partir do [[1420]], Guillem Sagrera é nomeado [[mestre de obras|mestre maior]] da [[catedral de Palma de Mallorca]], onde dirixe diversas obras. Entre todas destaca a ''Porta do Mirador'', da que non só dá as trazas, senón que efectúa labor escultórico, no que salientan as estatuas de [[Pedro, papa|San Pedro]] e [[sanPaulo de Tarso|San Paulo]] (a virxe da mesma está hoxe no Museo de Palma, entanto no lugar hai unha réplica).
 
En [[1426]] acomete unha das súas obras máis completas: a [[Lonxa de Palma de Mallorca|Lonxa]] ou ''Llotja'' en catalán, encargada polo gremio de mercadores da cidade. Sagrera traballa na dirección do edificio até arredor de [[1447]]. As obras non sería terminadas até o [[1452]] polo seu continuador, [[Guillem Vilasclar]]. Na Lonxa, Sagrera creou un espazo abovedado sostido sobre delgadas columnas estriadas, que confiren ao salón unha elevado sensación de levedade. Segundo Pérez Sánchez, Sagrera debeuse inspirar na igrexa dos dominicos da mesma cidade de Palma, hoxe desaparecida. O arquitecto volveu traballar como escultor, destacando segundo os críticos polo o anxo da fachada, de factura máis lixeira que as imaxes da Sé. A lonxa de Sagrera converteuse nunha obra cimeira do gótico civil ibérico, tan escaso de exemplos, pero case todos erguidos nos reinos orientais hispánicos. Entre as edificacións que a imitan destaca a [[Lonxa de Valencia]].