Semur-en-Auxois: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Historia: Hércules (mitoloxía)
m →‎Historia: Foro (contrato)
Liña 7:
==Historia==
[[Ficheiro:Blason Semur-en-Auxois.svg|120px|left|Escudo da vila]]
Lugar habitado dende hai moitos séculos, a lenda conta que foi o propio [[Hércules (mitoloxía)|Hércules]] quen fundou Semur-en-Auxois ao seu regreso da [[Hispania]]. Pero ata o ano [[606]] non se atopan testemuños escritos da existencia da vila, cando o documento de fundación da abadía de [[Flavigny-sur-Ozerain]] recolle unha referencia á vila ''sene muro'' ([[lingua latina|lt.]] "vellas murallas"). En [[1276]] a vila recibe un [[Foro (contrato)|foro]] de liberdade outorgado por [[Roberto II de Borgoña|Roberto II]], duque de Borgoña, e a mediados do século XIV, durante a [[Guerra dos Cen Anos]], a cidade expándese coa construción dunha nova e reforzada muralla.
 
Pero a súa fidelidade ao duque de Borgoña fronte aos reis de Francia vaille custar á vila unha invasión en [[1478]], cando as tropas de [[Luís XI de Francia|Luís XI]] a atacan. O seu segundo ataque de importancia tivo lugar durante as guerras de relixión, cando o mariscal de Tavannes, a toma en [[1589]]. En [[1602]] o rei [[Henrique IV de Francia|Henrique IV]] obriga a destrución das murallas da cidade, e noméaa capital do bailío de Auxois, con algunhas prerrogativas económicas e administrativas.