Pecado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 24:
 
===Islam===
Para o [[Islam]] pecado é todo o que atenta contra a concepción de Deus (''tawhid'') como o Único e o Principal, Aquel de quen procede todo. Isto é o que expresa o primeiro dos Cinco Piares do Islam coñecido como Sahadah.A violación do principio do tawhid equivale a cometer ''shirk'': "asociación". A forma máis groseira de "asociación" é a idolatría, ou crer que Deus non é un. Existen formas sutís de ''shirk'' como a preocupación polas riquezas ou a arrogancia. No [[Corán]] existen dous nomes de Deus que salientan sobre os demais: ''al-Rahman'' (o "Compasivo") e ''al-Rahim'' (o "Misericordioso"), que expresan cualidades que han de ser imitadas polos seres humanos<ref>Michael D. Coogan, ''Religiones del Mundo'', Barcelona 1999. ISBN.84-8076-318-3</ref>. O Corán di que Deus ordeou aos anxos venerar a Adán (II:32), por iso atentar contra un home é atentar contra todos os homes e ofender a Deus (V:35). Deus é amigo do home , por iso lle outorga unha dignidade que lle permite defenderse pero sen excederse. Non facelo é faltar a amizade con Deus e excederse tamén. O infiel é o ingrato, o que cae no ''ghaflah'' ou esquecemento da orixe divina, da omnipotencia e misericordia de Deus<ref>Huston Smith, ''Las Religiones del Mundo'', Barcelona 1995. ISBN 84-8237-006-5</ref>.
 
A ética musulmana e o seu concepto de pecado está entretecida profundamente coa tarefa política de fundar unha sociedade (''umma'') boa e xusta baixo a guía de Deus<ref>Niniam Smart, ''Las Religiones del Mundo'', Madrid, 2000. ISBN 84-460-1027-5</ref>. No Corán regúlanse as normas e condicións para conseguilo (''sharia'' ou lei islámica), entre o que salienta o deber da esmola, outro dos Piares do Islam, que supón compartir os bens cos necesitados e practicar a hospitalidade. A fidelidade a Deus esixe de cada crente a ''jihad'', que é a loita contra todo o pecaminoso que se opón á vontade de Deus, quer no interior do home, quer na súa dimensión social e política.
 
O pecado non condena ao home de xeito irrevocable;{{Cita|''Quen se arrepinte despois de ter cometido unha inxustiza e se corrixe, consegue que Deus volva a él. Deus é indulxente, misericordioso''|Corán V:43}}
 
==O pecado na cultura popular galega==