Pecado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Características: Pecado no Islam
Liña 24:
 
===Islam===
Para o [[Islam]] pecado é todo o que atenta contra a concepción de Deus (''tawhid'') como o Único e o Principal, Aquel de quen procede todo.Isto é o que expresa o primeiro dos Cinco Piares do Islam coñecido como Sahadah.A violación do principio do tawhid equivale a cometer ''shirk'': asociación. A forma máis groseira de asociación é a idolatría, ou crer que Deus non é un. Existen formas sutís de shirk como a preocupación polas riquezas ou a arrogancia. No [[Corán]] existen dous nomes de Deus que salientan sobre os demais: ''al-Rahman'' (o Compasivo) e ''al-Rahim'' (o Misericordioso), que expresan cualidades que han de ser imitadas polos seres humanos. <ref> Michael D. Coogan, ''Religiones del Mundo'', Barcelona 1999. ISBN.84-8076-318-3 </ref>. O Corán di que Deus ordeou aos anxos venerar a Adán, por iso atentar contra un home é atentar contra todos os homes e ofender a Deus. Deus é amigo do home , por iso lle outorga unha dignidade que lle permite defenderse pero sen excederse. Non facelo é faltar a amizade con Deus e excederse tamén. O infiel é o ingrato, o que cae no ''ghaflah'' ou esquecemento da orixe divina, da omnipotencia e misericordia de Deus.<ref> Huston Smith, ''Las Religiones del Mundo'', Barcelona 1995. ISBN 84-8237-006-5 </ref>.
 
A ética musulmana e o seu concepto de pecado está entretecida profundamente coa tarefa política de fundar unha sociedade (''umma'') boa e xusta baixo a guía de Deus<ref>Niniam Smart, ''Las Religiones del Mundo'', Madrid, 2000. ISBN 84-460-1027-5</ref>. No Corán regúlanse as normas e condicións para conseguilo (''sharia''), entre o que salienta o deber da esmola, outro dos Piares do Islam, que supón compartir os bens cos necesitados e practicar a hospitalidade. A fidelidade a Deus esixe de cada crente a ''jihad'', que é a loita contra todo o pecaminoso que se opón á vontade de Deus, quer no interior do home, quer na súa dimensión social e política.