Pecado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
→‎Características: Pecado no Islam
Liña 5:
 
== Características ==
===Xudaísmo===
No [[xudaísmo]] identifícase cunha traizón á Alianza entre o pobo de [[Israel]] e Yavé, cando este, tras liberar a aquel da escravitude de [[Exipto]], dita a [[Moisés]] a [[Torá]] ou Lei condensada no decálogo prometéndolle felicidade e prosperidade. Nesa mesma relixión, a tradición profética identifica o pecado como a infidelidade á Alianza asimilándoa a unha relación nupcial onde Deus é o amante, fiel e celoso Esposo e Israel, ao oprimir ao pobre, o orfo, o estranxeiro e a viúva e caer na idolatría, é a Esposa adúltera.
 
===Cristianismo===
Na [[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]] o pecado é un acto, intención ou actitude libre do ser humano que supón faltar ao amor para con Deus e para co próximo, a causa dun apego perverso a certos bens. Fire a natureza do home, imaxe de [[Deus]] e chamado ao [[Amor]], e atenta contra a solidariedade humana. A raíz do pecado está no corazón do home cuxa natureza caída está ferida polo pecado orixinal que limita e atenaza o amor que reside nel e que é o principio das obras boas.
 
Liña 20 ⟶ 22:
 
Para os [[Pais da Igrexa]] os pecados provocan situacións sociais de inxustiza e desigualdade contrarias á bondade divina. Salvo o que se denomina blasfemia contra o [[Espírito Santo]], o pecado non supón un límite para a misericordia de Deus. Xa para Paulo de Tarso, ''onde abondou o pecado sobreabundou a [[graza]],'' e na liturxia das Igrexas proclámase: ''Oh! feliz culpa, que mereceu tan grande redentor.''
 
===Islam===
Para o [[Islam]] pecado é todo o que atenta contra a concepción de Deus (''tawhid'') como o Único e o Principal, Aquel de quen procede todo.Isto é o que expresa o primeiro dos Cinco Piares do Islam coñecido como Sahadah.A violación do principio do tawhid equivale a cometer ''shirk'': asociación. A forma máis groseira de asociación é a idolatría, ou crer que Deus non é un. Existen formas sutís de shirk como a preocupación polas riquezas ou a arrogancia. No [[Corán]] existen dous nomes de Deus que salientan sobre os demais: ''al-Rahman'' (o Compasivo) e ''al-Rahim'' (o Misericordioso), que expresan cualidades que han de ser imitadas polos seres humanos.<ref> Michael D. Coogan, ''Religiones del Mundo'', Barcelona 1999. ISBN.84-8076-318-3</ref> O Corán di que Deus ordeou aos anxos venerar a Adán, por iso atentar contra un home é atentar contra todos os homes e ofender a Deus. Deus é amigo do home , por iso lle outorga unha dignidade que lle permite defenderse pero sen excederse. Non facelo é faltar a amizade con Deus e excederse tamén. O infiel é o ingrato, o que cae no ''ghaflah'' ou esquecemento da orixe divina, da omnipotencia e misericordia de Deus.<ref> Huston Smith, ''Las Religiones del Mundo'', Barcelona 1995. ISBN 84-8237-006-5</ref>
 
A ética musulmana e o seu concepto de pecado está entretecida profundamente coa tarefa política de fundar unha sociedade (''umma'') boa e xusta baixo a guía de Deus<ref>Niniam Smart, ''Las Religiones del Mundo'', Madrid, 2000. ISBN 84-460-1027-5</ref>. No Corán regúlanse as normas e condicións para conseguilo (''sharia''), entre o que salienta o deber da esmola, outro dos Piares do Islam, que supón compartir os bens cos necesitados e practicar a hospitalidade. A fidelidade a Deus esixe de cada crente a ''jihad'', que é a loita contra todo o pecaminoso que se opón á vontade de Deus, quer no interior do home, quer na súa dimensión social e política.
 
==O pecado na cultura popular galega==