Diferenzas entre revisións de «Rhode Island»

m
→‎Época colonial: Carlos II de Inglaterra
m (→‎Época colonial: Holanda (rexión))
m (→‎Época colonial: Carlos II de Inglaterra)
En [[1637]], Anne Hutchinson foi desterrada de Massachussets por criticar o clero local. Anne, xunto a William Coddington e John Clarke entre outros, fundaron a cidade de Portsmouth na Illa Aquidneck. En [[1639]], Coddington abandonou a cidade para fundar Newport na mesma illa. Ese mesmo ano estableceuse un goberno formal para a illa, con Coddington como gobernador e Philip Sherman como Secretario. En [[1643]], Samuel Gorton fundou Shawomet, a actual Warwick. En [[1644]] cambiouse o nome de Aquidneck Island polo de Rhode Island. Os [[cuáquero]]s comezaron a chegar en fortes ondas durante as décadas de 1650 e 1660 en busca de liberdade para practicar a súa relixión, mentres os inmigrantes [[xudeu]]s de [[Barbados]] establecéronse en Newport.
 
En [[1663]], o rei [[Carlos II de Inglaterra]] outorgou unha nova carta á colonia. John Clarke recibiu esta ''Carta de Rhode Island e as Plantacións de Providence'', que garantía a liberdade relixiosa e establecía as fronteiras que ten o estado na actualidade. Segundo este documento, que foi utilizado como Constitución estatal ata 1842, só os terratenentes tiñan o dereito a voto.
 
As relacións entre os habitantes de Nova Inglaterra e os indíxenas foron tensándose, e ata en ocasións levaron ao derramamento de sangue. O [[19 de decembro]] de [[1675]], unha milicia colonial de [[Connecticut]], a Baía de Massachussets, [[Plymouth]] e Rhode Island masacraron ao redor de 350 indios Narragansett na Batalla do Gran Pantano. As tribos que vivían ao redor de Rhode Island eran os [[Wampanoag]], os Pequots, os Narragansett e os [[Nipmuck]]. Un nativo, chamado [[Squanto]], axudou a pacificar as hostilidades entre os nativos e os colonos, e ensinou a estes últimos a sobrevivir na zona.
104.750

edicións