Xudea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m lingua grega
m →‎Breve historia: Nabucodonosor II
Liña 29:
 
== Breve historia ==
No terceiro milenio [[AEC]] (acrónimo de '''Antes da Era Común'''), comezaron a xurdir as primeiras cidades, seguramente en contacto coas grandes civilizacións que se desenvolveron nos vales do [[Nilo]] e [[Mesopotamia]]. O [[pobo xudeu]],que se refuxiara no [[Exipto]], voltou ao redor do 1550 [[AEC]], escapando do territorio dos [[Faraón|Faraóns]] . De primeiras, os xudeus instaláronse na rexión localizada ao oeste do [[Mar Morto]] e movéronse gradualmente cara ás marxes do [[Mediterráneo]] e ás terras do norte, a [[Galilea]]. Durante o [[Século -XII|século XII AEC]], os chamados [[Pobos do Mar]], incluídos os [[filisteo]]s, ocuparon as planicies costeiras, desprazando os anteriores Hebreos. A loita constante entre os dosu pobos rematou en vitoria para os xudeus. No [[Século -X|século X AEC]], o [[Reino de Xudá]] aproveitou o debilitamento dos grandes imperios veciños para expandir o seu territorio. O reino, que alcanzou o seu apoxeo durante os reinados de [[David]] e [[Salomón]], foi dividido máis tarde noutros dous: o [[Reino de Israel]], ao norte, e o [[Reino de Xudá]], ao sur. Israel foi transformado nun contribuínte de Asiria e despois de subir ao trono no [[-721|721 a.C]], [[Sargón II]] conquistou o reino e deportou a maioría dos seus habitantes. No sur, o Reino de Xudea mantivo a súa precaria independencia ata o [[-587|587 a.C]], cando [[Nabucodonosor II|Nabucodonosor]] o devastou e deportou a súa poboación para [[Macedonia]]. No [[-539|539 a.C]], cando o emperador persa [[Ciro II|Ciro, o Grande]] tomou posesión da Babilonia, moitos xudeus puideron voltar a Israel. Despois da conquista do [[Imperio Persa]] polo macedonio [[Alexandre o Grande]], toda a rexión ficou baixo a influencia [[Grecia antiga|grega]].
 
== Cronoloxía ==