España: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Liña 202:
A vitoria do xeneral [[Francisco Franco]] supuxo a instauración dun réxime autoritario. O desenvolvemento dunha forte represión sobre os vencidos, obrigou ao exilio a miles de españois e condenou a outros tantos á morte ou ao internamento en campos de traballo e prision. A pesares de que Franco mantivo a España como país non belixerante na [[Segunda Guerra Mundial|II Guerra Mundial]], o seu non disimulado apoio ás [[Eixo Roma-Berlín-Tokio|potencias do Eixo]] conduciu a un illamento internacional de carácter político e económico. Porén, os condicionamentos da [[guerra fría]] entre os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e a [[Unión Soviética]] e os seus respectivos aliados fixeron que o réxime franquista fose tolerado polas potencias "occidentais" e finalmente recoñecido polas mesmas rematando o seu illamento, por mor do seu recoñecido anticomunismo. Asínanse entón acordos cos Estados Unidos permitindo a instalación de bases militares conxuntas hispano-norteamericanas en España. En [[1956]], [[Marrocos]], que fora protectorado español e francés, adquire a súa independencia e ponse en marcha un plan de estabilización económica do país. En [[1969]], Franco nomea a [[Xoán Carlos I|Xoán Carlos de Borbón]], neto de Afonso XIII, [[príncipe]] de España, o seu sucesor a título de Rei. Malia o mantemento dunha férrea represión contra calquera oposición política, o desenvolvemento industrial e económico español resultou moi importante durante a ditadura.
[[Ficheiro:Juan Carlos da Espanha.jpg|thumb|left|175px|O rei [[Xoán Carlos I de España|Xoán Carlos I]]]]
[[Ficheiro:Bandera de España(1977-1981).gif|thumb|right|200px|Primeira bandeira da democracia española. Foi oficial ata 1981 e é a que aparece na Constitución.]]
 
O ditador morreu o [[20 de novembro]] de [[1975]]. [[Xoán Carlos I de España|Xoán Carlos I]] é proclamado rei dous días despois. Ábrese entón un período coñecido como [[Transición Española|Transición]]. Culminará co establecemento dunha [[Monarquía parlamentaria]] en [[1978]], logo da renuncia aos seus dereitos históricos realizada por D. [[Xoán de Borbón]], pai do rei. Tralas primeiras eleccións democráticas, [[Adolfo Suárez]], do partido [[Unión de Centro Democrático]] (centro-dereita), foi elixido presidente de Goberno. Leva a cabo importantes reformas políticas e inicia as negociacións para a entrada de España na [[Comunidade Económica Europea]]. Demite en [[1981]]. Durante este período a banda terrorista vasca [[ETA]] comete un gran número de atentados, especialmente contra membros do exército e das forzas de seguridade, así como outros de carácter indiscriminado. Durante a sesión de votación de investidura do sucesor de Suárez, [[Leopoldo Calvo Sotelo]] (UCD), o [[23 de febreiro]] (23-F), tivo lugar un intento de [[Golpe de estado de 1981 (España)|golpe de estado]] promovido por altos mandos militares. O Congreso dos Deputados é tomado polo tenente coronel [[Tejero]]. O intento foi abortado o mesmo día, tendo lugar a intervención do rei Juan Carlos en defensa da orde constitucional. En [[1981]] asínase en [[Bruxelas]] o protocolo de adhesión á [[OTAN]], dando comezo ao proceso de integración na Alianza que termina na primavera de [[1982]], durante o goberno da UCD.