Diferenzas entre revisións de «Anne Frank»

m
→‎Traxectoria: Países Baixos - Nederland
m (r2.7.1) (Bot: Engado: mn:Аннэ Франк)
m (→‎Traxectoria: Países Baixos - Nederland)
 
== Traxectoria ==
Cando era pequena tivo que abandonar [[Alemaña]] xunto coa súa familia fuxindo dos [[nazi|nazis]]. Mudáronse a [[Ámsterdam]], pero cando en [[1940]] [[Países Baixos - Nederland|Holanda]] foi invadida polos alemáns as cousas comezaron a se poñer difíciles para os xudeus residentes en [[Países Baixos - Nederland|Holanda]]. En [[1942]], Ana e a súa familia tiveron que agocharse nun rocho no edificio das oficinas do seu pai (a ''Achterhuis'' , ou a “Casa de Atrás”) debido a persecución dos nazis. Compartiron o refuxio con outras catro persoas máis, en total eran oito os ocupantes da “Casa de Atrás”. Durante a súa estancia no agocho, que durou máis de dous anos, Ana relatou todas as súas vivencias no seu diario ata o 4 de [[agosto]] de [[1944]], data en que foron descubertos e detidos por axentes das [[SS]].
 
Os oito ocupantes do refuxio foron enviados primeiro ao campo de prisioneiros de [[Westerbork]] e logo ao campo de concentración de [[Auschwitz]]. Un mes máis tarde, Ana e a súa irmá Margot foron deportadas ao campo de [[Bergen-Belsen]] no norte de Alemaña.
104.557

edicións