Diferenzas entre revisións de «Wikipedia:A Taberna (xeral)»

Nova sección: →‎Neutralidade?
(→‎Pazos e palacios: solucionado)
(Nova sección: →‎Neutralidade?)
** '''[[palacio]]''', para o edificio nobre, real, ou que alberga unha institución
Suxiro que nas vosas viaxes pola galipedia vaiades comprobando se as lig. internas remiten ó concepto que deben. Pedro --[[User:Lameiro|Lameiro]] <sup>([[User Talk:Lameiro|conversa]])</sup> 12:24, 5 de abril de 2012 (UTC)
 
== Neutralidade? ==
 
Queridos compañeiros editores desta enciclopedia,
 
Estou lendo algúns dos artigos aquí publicados e non acabo de entender a neutralidade de moitos deles, sobre todo os realcionados con temas polémicos como é o independentismo da nosa Comunidade Autónoma ou dalgunha outra como Cataluña ou o País Vasco. E é que aquí pódese apreciar unha clara tendencia social-independentista que censura todo aquilo que non concorde coa ideoloxía daqueles que controlan a galipedia.
 
Veredes, xa sei que eu non son quen de cambiar o mundo, pero iso non implica que teña que permanecer calado ante as inxustizas. Se é unha enciclopedia libre como díse que é. Debería adoptarse un comportamento acorde coas leis do país (España) e non coas doutrinas de certos sectores políticos.
 
Deste xeito pódese observar que nas bandeiriñas daqueles personaxes nados na nosa comunidade aparece a bandeira galega, e nos do resto do país (España) aparece a enseña nacional. Isto non é moi neutral non?
 
Nas cidades ocorre o mesmo... por exemplo se alguén coloca a bandeira de bretaña nunha cidade e alguen cambia esa bandeira pola de francia, isto xa é pecado, posto que viola o dereito de autoderminación dese personaxe que decidíu que bretaña é independente de francia.
 
Un pouco de seriedade por favor. Que isto parece un circo.
Usuario anónimo