Diferenzas entre revisións de «Xoana I de Castela»

m
m (→‎Arquiduquesa de Austria: Holanda (rexión))
m (→‎Arquiduquesa de Austria: Illa de Portland)
A pesar da súa vontade de facerse [[monxa]], en [[agosto]] de [[1496]], tendo 16 anos, os seus pais embarcárona desde a praia cantábrica de [[Laredo, Cantabria|Laredo]], nun dos navíos xenoveses do capitán Juan Pérez. Mais a frota incluía, para demostrar o esplendor da [[Coroa de Castela|coroa castelá]] nas terras do Norte e, sobre todo para mostrar o seu poder ao hostil rei [[Francia|francés]], outros 131 buques, desde naos a [[Carabela (embarcación)|carabela]]s, e cunha tripulación de 15.000 homes. Xoana foi acompañada pola súa nai e os seus irmáns.
 
A travesía tivo algúns contratempos que obrigaron a buscar refuxio enna [[Illa de Portland]], [[Inglaterra]], o [[31 de agosto]]. Cando finalmente a frota puido arribar a [[Middelburg]] ([[Celandia - Zeeland|Celandia]]), unha das embarcacións [[Xénova|xenovesas]] que transportaba 700 homes, afundiuse, e con ela as vestimentas de Xoana e moitos dos seus efectos persoais.
 
Xa en terra [[Flandres|flamenga]], Xoana non foi recibida polo seu prometido, que se encontraba en [[Alemaña]], debido a unha artimaña que prepararan os conselleiros francófilos de Filipe, opostos ás alianzas pactadas polo seu pai, o emperador. Os sobreditos tentaron aínda, en [[1496]], e con Xoana xa na corte, convenceren a Maximiliano do inconveniente dunha alianza coa [[Coroa de Castela]] e, por contra, das virtudes dunha alianza co [[reino de Francia|reino francés]]. A cerimonia da voda con ''[[Filipe o Fermoso]]'' celebrouse o [[12 de novembro]] de [[1496]] en [[Liexa]]
104.599

edicións