Coralismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Historia: Países Baixos - Nederland
m →‎Historia: Comunidade Valenciana - Comunitat Valenciana
Liña 14:
O coralismo introdúcese en [[Francia]] da man do músico e filántropo [[Guillaume-Louis Bocquillon]], quen fundou a ''Société de l’Orphéon'' en [[1833]], un coro obreiro que acadaría, tras a súa estrea nun concerto con 400 intérpretes, un grande éxito. Os orfeóns engadían ao concepto de coro un elemento de carácter moralizante e formativo, posto que consideraba a música como un elemento de educación.
[[Ficheiro:Manresa_-_Josep_Anselm_Clavé_i_Camps.JPG|thumb|150px|esquerda|Monumento a [[Josep Anselm Clavé]] en [[Manresa]].]]
En [[España]] a expansión do movemento estivo vinculada a industrialización e o nacemento da clase obreira, a conciencia de identidade nacional ou rexional, a presenza dunha riqueza folclórica e unha valoración da mesma. Estas condicións déronse especialmente en [[Navarra]], [[Comunidade Autónoma Vasca|País Vasco]], [[Cataluña]], [[Comunidade Valenciana - Comunitat Valenciana|Valencia]], [[Murcia]], [[Castela e León]], [[Asturias]], [[Galicia]] e [[Andalucía]].<ref name="nag"></ref>
 
[[Josep Anselm Clavé i Camps|Josep Anselm Clavé]], baseándose nos modelos franceses, crearía as súas propias sociedades corais, que se distinguiron pola súa autoxestión, o seu carácter laico e por seren claramente interclasistas, nunha sociedade onde a división de clases era constante. En [[1860]] existían 85 corais impulsadas por Clavé. Tamén foi en Cataluña onde os irmáns [[Pere Tolosa|Pere]] e [[Joan Tolosa]] formaron o seu [[Orfeón Barcelonès]]. Entre ambos xurdiu unha intensa disputa sobre a calidade de ambos os coros e a quen correspondía a primeira iniciativa coral en Barcelona. Nesta discusión tamén se atopaban as diferenzas entre o concepto de orfeón defendido por Clavé, e a filosofía defendida por Joan Tolosa na que, sen esquecer a dimensión social, a calidade tamén era importante, de aí que incluíse a ensinanza de [[solfexo]] e os ensaios fosen habituais.