Armada Inglesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Obxectivos: Donostia-San Sebastián
m →‎Consecuencias: guerra anglo-española de 1585-1604
Liña 29:
A expedición da "Contraarmada" aínda hoxe é considerada como un dos maiores desastres da historia naval da Gran Bretaña, só superado pola derrota sufrida no [[Sitio de Cartaxena de Indias (1741)|sitio de Cartaxena de Indias]]. Dos máis de 23.000 homes que a formaron, haberá que descontar os 3.000 que fuxiron ao saír de Plymouth e os 2.000 que desertaron ao partir da Coruña, que fan un total de 5.000. Pois ben, dos 18.000 que nos quedan, segundo o historiador británico M. S. Hume, só 5.000 regresaron vivos a Inglaterra. É dicir, máis do 70 por 100 dos expedicionarios faleceron na empresa. Entre a oficialidade, as baixas mortais tamén foron moi altas: o [[contraalmirante]] [[William Fenner]], oito coroneis, decenas de capitáns e centenares de nobres voluntarios morreron naquela empresa. A estas perdas hai que engadir a destrución ou captura polos españois de polo menos doce navíos, e outros tantos se afundiron por temporais na viaxe de regreso.
 
Ademais de perder a oportunidade de atacar a frota española en horas baixas, os custos da expedición esgotaron o tesouro real de Isabel, recuperado durante o seu longo reinado. Entre os canóns capturados na Coruña, os abastecementos e outras mercadorías de variada índole confiscadas en [[Galicia]] e en [[Portugal]], o total de botín non alcanzaba as 29.000 libras. Tendo en conta que o investimento superara as 160.000 libras, o negocio non podía ser máis ruinoso. A [[guerra anglo-española de 1585-1604|guerra anglo-española]] foi moi custosa para ambos os países, até o punto de que España tivo que declararse en bancarrota en [[1596]], tras outro ataque a Cádiz.
 
[[Francis Drake]] quedou condenado a un case total ostracismo tras o fracaso. Morreu en [[1595]] en combates con españois no [[Caribe]].