Sistema renina-anxiotensina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Silverfox (conversa | contribucións)
engado ligazóns
Liña 1:
O '''sistema renina-anxiotensina''' é un sistema de control da [[presión arterial]].
 
O sistema componse de:
* [[Renina]]
* [[Anxiotensina I]], [[anxiotensina II|II]] e [[anxiotensina III|III]]
* [[Anxiotensinóxeno]]
* [[Enzima conversora da anxiotensina]] (ECA)
 
O seu obxectivo é o de aumentar a presión arterial en caso de que esta estea baixa. A presión baixa é detectada pola mácula densa (unha estrutura do [[ril]]). A activación da mácula densa provoca que as células iustaglomerulares secreten renina. Esta enzima só ten un substrato, o anxiotensinóxeno. A renina rompe parcialmente ao anxiotensinóxeno producindo anxiotensina I. A anxiotensina I é un péptido pouco activo. É fragmentado pola enzima conversora da anxiotensina en varios tecidos, sobre todo pulmóns, pero tamén en [[neurohipófise]], [[glándula suprarrenal|glándulas suprarrenais]], [[bazo]] e [[endotelio]] entre outros. O produto será a anxiotensina II. A anxiotensina II pode ser convertida en anxiotensina III por acción dunha aminopeptidasa.