Abrir o menú principal

Cambios

m
Bot: Substitución automática de texto (-estructura +estrutura, -Estructura +Estrutura)
 
=== 787-9 ===
O 787-9 será a primeira versión do 787 cunha fuselaxe alongada, acadando así unha capacidade de entre 250 e 290 pasaxeiros cun alcance de entre 14.800 e 15.750 km. Esta variante diferenciase do 787-8 en varios puntos, entre os que están unha fuselaxe máis longa, a estructuraestrutura fortalecida, maior capacidade de combustible, peso máximo ao despeque maior, pero conserva a mesma envergadura que o 787-8. Orixinalemente agardábase que entrase en servizo no ano [[2010]], pero en outubro do [[2011]] Boeing agardaba facer as primeiras entregas a principios do [[2014]]. O obxectivo de Boeing con esta variante é o de competir co [[Airbus A330]] e reemprazar os seus propios [[Boeing|767-400ER]]. Ao igual que o 787-8, tamén abrirase cara mercados sen escalas, voando de forma máis eficiente que o [[Boeing 777|777-200ER]] ou o [[Airbus A340|A340-300/500]].
 
Cando foi lanzado, o 787-9 tiña a mesma capacidade de combustible que as outras variantes. As diferencias de deseño significaron un maior peso e polo tanto un menor alcance que o 787-8. Despois de novas consultas coas aeroliñas, incorporouse un novo tanque dianteiro para incrementar a súa capacidade de combustible.
44.135

edicións