Sintagma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (Bot: Modifico: ko:구 (언어학)
m Oración (gramática)
Liña 1:
O '''sintagma''' é unha estrutura [[sintaxe|sintáctica]], na cal non existe a relación entre [[suxeito]] e [[predicado]], consistente nun conxunto de palabras relacionadas cun núcleo (vocábulo máis importante ou con máis relacións sintácticas) que se atopa no seu interior. O sintagma posúe ademais unha función sintáctica no seu contexto e, a diferenza da oración, non posúe unha entoación específica. É dicir, '''con sintagma aludimos á unidade lingüística de rango superior á palabra, constituída por un conxunto de elementos lingüísticos organizados xerarquicamente en torno a un núcleo e caracterizados por desempeñar a mesma función'''. Trátase, xa que logo, dunha unidade de función. Tódalas [[oraciónOración (gramática)|oracións]] están compostas por sintagmas (a oración mesma pode considerarse un macrosintagma) e os sintagmas poden engancharse, depender ou virar uns en torno a outros mediante relacións sintácticas de parataxe ([[coordinación]]), hipotaxe ([[subordinación]]) ou relacións morfosintácticas de [[concordancia]], tamén por relacións semánticas de [[cohesión]] e congruencia denominadas [[coherencia textual]]. A composición interior do sintagma varía dende sintagmas cunha soa palabra que funciona como núcleo, ata aqueles nos que se atopan varios sintagmas dependentes dun central ou ata unha [[proposición subordinada]] ao núcleo do sintagma.
 
Un sintagma pode ser obrigatorio por ser seleccionado polo [[predicado]]. A ese sintagma denomínaselle [[argumento]]. O sintagma non seleccionado polo predicado é sempre opcional e denomínaselle [[adxunto]].