Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Lmbuga (conversa | contribucións)
Liña 170:
Por favor, botalle unha ollada ós seguintes mensaxes referidos ás caixas de usuarios onde se expoñen os criterios que seguimos [[User_talk:Porto#Caixas_de_usuario]] e
[[User_talk:Norrin_strange#Caixas_de_usuario]]. O criterio vixente neste momento ata que se tome unha decisión definitiva é que as caixas de usuario que fan referencia a crenzas, opinións, afeccións, ideoloxía, ... comprometen a neutralidade e actúan como elemento separador entre os colaboradores. Entendemos que algúns usuarios queiran utilizalas pero trátase de facer aquilo que beneficie en maior mediada o bo funcionamento da Galipedia, e conseguir que este proxecto logre consolidarse evitando, sempre que se poida, aqueles problemas que teñen afectado gravemente a outras Wikipedias. Un último comentario sobre a redirección de Etiquetas de usuario a Caixas de usuario, as redireccións salvo casos excepcionais deben facerse coa pestana mover para que non se perda o historial de edicións. Desfixen a túa última edición nesa páxina porque é contraria á política actual. Un cordial saúdo. --[[User:Prevert|Prevert]]<sup>[[User talk:Prevert|(talk)]]</sup> 11:10, 15 outubro 2006 (UTC)
 
== [[:Image:Crtvg-logo.gif]] ==
 
Ola Resorte. Sinto ser portador de malas noticias. Agradézoche o teu esforzo en mellorar os artigos engadindo imaxes, é algo ó que eu tamén me dedico.
 
Persoalmente, a min -e supoño que a todos nós- as normas da lexislación española, ó non permitiren o uso lexítimo ([[:en:fair use]], [[:es:fair use]]) e outras cousas (70 ou máis anos), parécenme excesivas.
 
A túa inclusión desa imaxe lembroume que estaba pendente de borrado a que había antes na páxina [[Compañía de Radio-Televisión de Galicia]]. Borrei as dúas. Motivo: os logos teñen copyright. Nós ofrecemos as imaxes de xeito que calquera pode realizar obras derivadas e uso comercial, de xeito que, inda que polo uso que lles damos ás imaxes non facemos nada moi grave (inda que si ilegal), si somos responsables do que poidan facer terceiros, e iso si pode ter gravidade.
 
Síntoo. Un cordial saúdo --[[User:Lmbuga|Lmbuga]] <sup>[[:Commons:User talk:Lmbuga|Commons]] - [[User talk:Lmbuga| Galipedia]]</sup> 18:56, 25 outubro 2006 (UTC)