Diferenzas entre revisións de «Valdés»

m
Bot: Substitución automática de texto (- sua + súa )
(asturiano > lingua asturiana)
m (Bot: Substitución automática de texto (- sua + súa ))
A época [[idade media|medieval]] ven marcada pola influencia que tiña en toda [[Luarca]] o incipiente Gremio de Mareantes, que agrupaba pescadores, comerciantes e armadores para regular e defender os numerosos intereses comerciais que alí se daban. O [[século XV]] ven marcado polas disputas da nobreza ca [[monarquía]], tendo varias liñaxes unha autoridade bastante grande sobre boa parte da zona, feito que non agrada de ningunha maneira á Coroa. Boa mostra disto o constitue a construción da torre de Villa de Moros, antiga fortaleza medieval que pertenceu á casa dos Peláez. No [[século XVI]], Valdés aparece nas actas da [[Xunta Xeral do Principado de Asturias]] como integrante do partido dos cinco concellos, documentado por primeira vez no ano [[1462]] e que agrupaba os municipios de [[Grado (Asturias)|Grado]], [[Salas]], [[Pravia]], Valdés e [[Belmonte de Miranda|Miranda]]. Durante os séculos XVI, [[século XVII|XVII]] e [[século XVIII|XVIII]] a xurisdición municipal abarcaba 13 parroquias e un anexo e 189 entidades de poboación repartidas por todo o territorio.
 
O [[século XIX]] deixa un acontecimento relacionado coa [[Guerra da Independencia Española|Guerra da Independencia]] contra os franceses: tras sufrir Oviedo a terceira invasión, da Xunta do Principado e da Real Audiencia a Luarca, para pasar posteriormente a [[Castropol]] e [[Figueras]]. Tamén deixa o final do século a aparición dos primeiros movementos migratorios ultramarinos, establecéndose líñas regulares de fragatas en dirección a [[América]], e que volverían máis tarde á suasúa terra natal cun forte poder monetario e social, é o que chamamos a cultura dos indianos, e grazas á cal se debe o desenvolvemento económico e industrial posterior na zona, quedando tamén belos legados arquitectónicos coñecidos como casas de indianos de estilos modernistas coloniais.
 
Do [[século XX]] a nova máis destacada que se produce é o cambio do nome do concello en [[1909]], adoptando a nomenclatura da capital, non sendo restituido pola antiga e máis acorde denominación de Valdés ata o ano [[1985]]. Hoxe en día Valdés é un dos concellos asturianos nos que se pode desfrutar dunhas estupendas paisaxes montañosas, unhas bonitas veigas dos ríos, así como dunhas praias realmente belas, conseguindo ser un dos destinos turísticos máis solicitados. Singularmente fermosa é a vila de [[Luarca]], destino de namorados.
44.135

edicións