Lingua aragonesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
catalán > lingua catalá
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (- sua + súa )
Liña 57:
Ten a súa orixe no [[Latín vulgar|dialecto latino]] que se formou nos vales [[Pireneos|pirenaicos]] aragoneses durante os séculos VII e VIII sobre un acusado substrato [[vascóns|vascón]]. A lingua tamén recibe, no seu período medieval, a denominación entre lingüistas de navarroaragonés, pola inicial dependencia aragonesa do [[Reino de Navarra]].
 
A chamada "[[Reconquista]]", ou expansión do primitivo [[Reino de Aragón]] cara o sur sobre terras musulmás, levaría consigo o idioma por todo o territorio conquistado, sendo os séculos XIII e XIV aqueles nos que abarcaría a suasúa maior extensión. A unión do Reino de Aragón co [[Condado de Barcelona]] no que sería a [[Coroa de Aragón]] supuxo unha importante influencia da lingua catalá sobre a aragonesa. A Chancelería Real tería o [[lingua latina|latín]], o [[lingua catalá|catalán]] e o aragonés por linguas de uso, e ocasionalmente o [[lingua occitana|occitano]].
 
Coa instauración, en [[1412]], da dinastía castelá dos [[Trastámara]] na Coroa de Aragón, o castelán vaise convertendo progresivamente na lingua da corte e da nobreza aragonesa. As clases altas e os núcleos urbanos serán os primeiros focos de castelanización, quedando o aragonés cada vez mais relegado a lingua de ámbito rural ou doméstico, e a sufrir un desprestixio social progresivo. Os séculos posteriores ao [[Decretos de Nueva Planta|Decreto de Nova Planta]] de [[Filipe V de España|Filipe V]], mediante o cal se suprimía a independencia política de Aragón, e a presión lingüística a favor do castelán da ditadura [[Franquismo|franquista]] no século XX, suporían a implantación case total da lingua castelá en Aragón, onde actualmente é o único idioma oficial.