Chatti: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
Os '''Chatti''' (tamén '''Catti''') eran un antigo [[pobos xermánicos|pobo xermánico]] situado no Hesse central e setentrional e na Baixa Saxonia meridional, ao longo do curso superior do río [[Weser]] e nos vales e montañas das rexións dos ríos [[Eder]], [[Fulda]] e [[Werra]], un distrito aproximadamente correspondente a [[HesseHessen]]-[[Kassel|Cassel]], aínda que probablemente máis amplo. De acordo con [[Tácito]] (''Historiae'' iv. 70 [http://classics.mit.edu/Tacitus/histories.4.iv.html]), entre eles estaban os [[Batavi]], ata que unha pelexa intestina os fixo separarse e ocupar novas terras no esteiro do [[Rin]].
 
Os Chatti resistiron con éxito a incorporación ao [[Imperio romano]], uníndose á coalición de tribos do líder guerreiro [[Cherusci|querusco]] [[Arminio]] que aniquilou as lexións de [[Varo]] na [[Batalla do bosque de Teutoburgo]] no ano [[9]]. [[Xermánico]] posteriormente, no [[15]], asolou as súas terras en vinganza, pero Roma respondeu á belixerante defensa da súa independencia dos Chatti coa construción das fortificacións fronteirizas do [[limes]] ao longo da fronteira sur dos seus territorios no Hesse central durante os primeiros anos do [[século I]]. Atopáronse restos dun refuxio moi ben fortificado nun outeiro preto da aldea de Metze (Latín: Mattium) no medio do territorio dos Chatti ao sur de [[Kassel]].
Liña 13:
==Chasuarii==
 
Os '''Chasuarii''' eran unha tribo xermánica mencionada por [[Tácito]] na ''[[Germania]]''. Segundo el, habitaban "alén dos [[Chamavi]] e [[Angrivarii]]", que vivían na ribeira baixa do [[Rin]]. Moitos, por iso, cren que esta tribo habitaba a rexión moderna de [[Hannover]]. Algúns cren que o nome 'Chasuarii' significa 'Habitantes do río [[Hase]]', un afluente do [[Ems]]. [[Ptolomeo|Claudio Ptolomeo]], xeógrafo do [[século II]] di que os 'Kasouarioi' vivían ao leste dos montes '''Abnoba''', próximos a [[HesseHessen]]. Moitos historiadores son da opinión de que os '''Chasuarii''' eran os mesmos que o pobo dos '''Chattuarii''' mencionados por algúns autores.