Adrenalina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Silverfox (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Silverfox (conversa | contribucións)
engado novos contidos
Liña 6:
 
A adrenalina deriva da [[fenilalanina]] ou da [[tirosina]]. A L-fenilalanina convírtese en L-tirosina por acción da tetrahidrobiopterina e o cofactor [[NADH]]. Á súa vez, a tirosina convírtese en L-Dopa e esta en [[dopamina]] por acción da L-aminoácido descarboxilasa. A dopamina transfórmase en [[noradrenalina]] por acción da dopamina β-hidroxilasa. Finalmente, a noradrenalina é convertida en adrenalina por mor da feniletanolamina N-metil transferasa ([[PNMT]]). Estas reaccións ocorren nas [[Célula cromafín|células cromafíns da medula adrenal]].
 
A adrenalina libérase cando hai estímulos de estrés, que son mediados por unha [[neurona]] acetilcolinérxica preganglionar. A liberación de [[acetilcolina]] aumenta a cantidade de ions de [[calcio]] intracelular, o que estimula a exocitose e a liberación dos gránulos cromafíns.
 
O funcionamento deste eixo está regulado polo [[sistema nervioso central]] e polos [[Corticosteroide|corticosteroides]] sintetizados na [[cortiza suprarrenal]]. Os corticoides estimulan a feniletanolamina N-metiltransferasa (PNMT).
 
A adrenalina liberada estimula os receptores alfa dos [[hepatocito]]s, incrementando os niveis de [[glicosa]] en [[sangue]]. Tamén actúan sobre receptores α de células de músculo liso dos vasos sanguíneos e dos [[pericito]]s, provocando a contracción muscular e o aumento da [[tensión arterial]].
==Véxase tamén==
* [[Noradrenalina]]