Diferenzas entre revisións de «Estrela de David»

m
Bot: Substitución automática de texto (- sua + súa )
m
m (Bot: Substitución automática de texto (- sua + súa ))
Hai pensadores que ven no concepto de "Estrela de David", e nos dous triángulos que a compoñen, unha conexión co elemento masculino (o triángulo coa punta volta para arriba, constituíndo o símbolo masculino) e co elemento feminino (o triángulo volto cara baixo, constituíndo a forma dun receptáculo). Tamén hai os que ven neste símbolo unha relación entre o elemento celestial que aspira para a terra o seu poder (o triángulo coa punta cara baixo), contra o elemento terrestre que aspira cara o ceo súa influencia (o triángulo que apunta cara arriba). Outros pensadores argumentan que a Estrela de David constituída por seis puntas representaría o dominio celestial sobre os catro ventos, sobre o que está encima e sobre o que está en baixo na terra.
 
De acordo coa [[Kabbalah]] (mística xudía), a Estrela de David insinúa a representación das sete emanacións divinas (''sefirot'') inferiores. Cada triángulo dos seis triángulos que forman os lados da estrela representarían unha emanación e o centro dos triángulos maiores sobrepostos da Estrela de David representarían a emanación denominada [[Malchut]]. O filósofo Franz Rosenzweig deu unha outra interpretación moi peculiar á Estrela de David, afirmando que un dos triángulos constituíntes do símbolo sería a representación da base de focos que caracterizan o pensamento do mundo: Deus, o home e o mundo. Obviamente, había filósofos que non crían na existencia de Deus, dun mundo metafísico ou dunha humanidade separada do mundo real, mais aínda estes focos constituían, na suasúa opinión, a base da [[filosofía]] da súa xeración. O outro triángulo representaría a posición do [[xudaísmo]] nestes asuntos. Nun nivel ben básico, o xudaísmo se ocuparía na reflexión sobre as relacións que existen entre estes factores, no conmovedor aos tres fundamentos principais do xudaísmo, na opinión de Rosenzweig: a creación (a relación entre Deus e o mundo), a revelación (a relación entre Deus e o home) e a redención (a relación entre o home e o mundo). Os [[cristianismo|cristiáns]] utilizan o símbolo como sinal de respecto a Israel, sendo ese o lugar onde eles cren que [[Xesús]] volverá.
 
== Usos ==
44.135

edicións