Imperio Almohade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (- sua + súa )
Liña 89:
Após o seu regreso a Marrocos, coa idade de 28 anos, comezou a predicar contra os principios relixiosos da interpretación persoal, aceptando só a tradición ([[Suna]]) e o consenso (Ijma). O [[emir]] [[almorábide]] [[Ali ibn Yusuf]] chegou a convocar un debate [[teoloxía|teolóxico]] en [[Fez]], convocando a Ibn Tumart. Na conclusión deste debate foi declarado que os puntos de vista deste eran [[fundamentalismo|demasiado radicais]]. Ibn Tumart foi condenado á prisión mais o emir permitiulle a fuga.
 
Despois de expulsáreno doutras cidades polas súas demostracións dun empeño relixioso excesivo, Ibn Tumart refuxiouse xunto co seu pobo, os Masmuda, na cordilleira do Atlas. Fundou o movemento dos almohades, autoproclamouse ''mahdi'' (''o guiado'', profeta redentor do [[Islam]]) e exhortou todos os musulmáns, especialmente os da Península Ibérica, a retornar ás orixes da suasúa fé, o [[Corán]].
 
== Imperio almohade ==
Liña 95:
É moi probábel que a influencia de [[Ibn Tumart]] non tivese eco no futuro se non fose por [[Abd al-Mu'min]], outro bérber, da [[Alxeria]], que sería un soldado e membro da clase gobernante. Cando Ibn Tumart morreu en [[1128]] no mosteiro que fundou en Tinmel, despois dunha grave derrota fronte aos [[almorábides]], Abd al-Mu'min mantivo a súa morte en segredo por dous anos, até estabelecer o seu poder. Entón asumiuse como seguidor do ''mahdi''.
 
Entre [[1130]] e a suasúa morte en [[1163]], Abd al-Mu'min non só expulsou os almorábides, como aumentou o seu poder por todo o norte de África até ao [[Exipto]], tornándose emir de [[Marraquex]] en [[1149]]. O seu fundamentalismo levouno até tomar medidas de expurga dos sospeitosos de pouca fé e falla en cumprir todos os ritos relixiosos, a mais grave de todas terminando na eliminación de toda unha tribo.
 
Os almohades entón trataron de unificar as [[taifa]]s e formar un goberno islámico que puidese facer fronte aos cristiáns. En pouco máis de trinta anos, os almohades conseguiron forxar un poderoso imperio que se estendía desde [[Santarém (Portugal)|Santarém]], no actual [[Portugal]] até [[Tripoli]] na actual [[Libia]], incluíndo todo o norte de África e o sur da Península Ibérica.