Morning Star (novela): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JonnyJonny (conversa | contribucións)
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (- sua + súa )
Liña 29:
A novela está ambientada a mediados do [[século XIX]]. Lourenzo é un rapaz de 15 anos que vive en [[Verducido, Pontevedra|Verducido]], a poucos quilómetros de [[Pontevedra]]. Os seus pais rexentan unha taberna ao pé do [[monte Acival]].
 
Na taberna hospédase Lázaro Rivadulla, un bandoleiro, coñecido do seu pai. No seu cuarto, que pecha con moito coidado, garda un cofre de madeira. Á taberna comezan a achegarse outros membros da súa gavela de criminais e atracadores, utilizándoa como base das súas operacións. Lourenzo comeza a sospeitar que o seu pai tamén fora bandoleiro, e malia que lle pregunta á suasúa nai, esta só lle recomenda que non siga os pasos del.
 
Trala morte da súa nai, enferma desde un ano atrás, o pai comeza a colaborar activamente coa banda, e o pequeno Lourenzo, máis ou menos conscientemente, tamén, achegando datos das persoas ás que ían atracar. Por outro lado, descubre que dous membros da banda tamén o son doutra gavela rival, dirixida polo portugués Tomás das Congostras. As dúas bandas buscan o tesouro que o pirata [[Benito Soto]] escondera.