Constitución española de 1812: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (- sua + súa )
Liña 11:
A Constitución de Cádiz naceu na secuencia das profundas mudanzas sociais desencadeadas na Europa pola expansión do [[iluminismo]], pola [[Revolución Francesa]] e polo período de grande inestabilidade sociopolítica que houbo a seguir, e que alastrou por todo o continente tendo como catalizador inmediato as [[Guerras Napoleónicas]]. Neste contexto, tivo particular importancia o surximento da chamada [[Constitución de Baiona]], unha ''carta constitucional'' imposta por [[Napoleón Bonaparte]] aos representantes españois chamados en [[1808]] á cidade francesa de [[Baiona - Bayonne|Baiona]].
 
En consecuencia da ''[[Carga dos Mamelucos]]'', un levantamento do pobo de [[Madrid]] contra os franceses ocorrido o [[2 de maio]] de [[1808]] (inmortalizado por [[Francisco Goya]] na suasúa obra ''El 2 de Mayo de 1808 en Madrid''), surxiu en numerosas localidades un fenómeno espontáneo de resistencia que se agrupou en torno das chamadas ''Xuntas''. Estas comprenderon que coa súa unión nunha estrutura nacional única obterían maior eficacia, polo que o [[25 de setembro]] do mesmo ano foi constituída a ''Xunta Suprema Central Gobernativa'', con sede primeiro en [[Aranjuez, Madrid|Aranjuez]] e despois en [[Sevilla]]. As súas funcións principais eran dirixir a guerra contra a ocupación francesa e preparar a posterior reconstrución do Estado.
 
No que respectaba à reconstrución do Estado, colocábanse dúas posibilidades distintas sobre o futuro político español: a primeira delas, representada fundamentalmente por [[Gaspar Melchor de Jovellanos]], consistía na restauración das normas previas da [[monarquía absoluta]] e o retorno á situación anterior á intervención francesa; a segunda, de cariz liberal, implicaba a promulgación dunha [[Constitución]] para o Estado español e unha modernización global das súas estruturas, de acordo cos preceptos liberais implícitos nas ideas iluministas e racionalistas. Foi esta última a opción vencedora, convocándose para tal ''Cortes Generales y Extraordinarias'' con poderes constituíntes.