Rato knockout: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Usos: cancro
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (- sua + súa )
Liña 1:
Un '''rato knockout''' é un [[rato]] [[organismo modificado xeneticamente|modificado xeneticamente]] por [[enxeñaría xenética]] ao cal os investigadores lle inactivaron (ver [[knockout de xenes]]) un dos seus [[xene]]s ao interromper dito xene ou reemprazalo cun fragmento de [[ácido desoxirribonucleico|ADN]] artificial. A perda da actividade do xene a miúdo causa cambios no [[fenotipo]] do rato, que afectan á suasúa aparencia, comportamento, metabolismo ou calquera outra característica física ou bioquímica observable ou detectable.
 
Os ratos knockout son importantes modelos animais para a experimentación no estudo da función de xenes que xa foron secuenciados pero dos que se descoñece as súas funcións. Facendo que se inactive deste modo un determinado xene no rato, e observando as diferenzas entre o comportamento ou fisioloxía normais e as que presenta despois do procedemento do knockout, os investigadores poden inferir a súa probable función.