Historia de México: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Modifico: nah:Mēxihco ītlahtōllō
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (- sua + súa )
Liña 34:
Pero novos pobos, que penetraron grazas á desaparición de [[Teotihuacán]], déronlle transformación á organización política existente. Houbo cambios nos réximes teocráticos por gobernos da maioría militarista; isto pódese apreciar nas pinturas e na escultura da época nas que os guerreiros substitúen aos sacerdotes. Así, coñecese a segunda gran cultura do altiplano mexicano, a dos '''toltecas'''. A cultura tolteca desenvolveuse na zona que hoxe corresponde ao estado de [[Hidalgo]] e unha parte de [[Querétaro]]. Houbo unha grande influencia no seu redor, tanto nas súas concepcións de organización social, coma nas relixiosas e nas artísticas, transcendendo amplamente polas súas achegas culturais. A cidade de [[Tula]] converteuse deste modo nun elevado foco cultural. Como xa se dixo, ao rematar a hexemonía de [[Teotihuacán]] no val de México, abriuse un período de fragmentación nos que moitos estados pequenos dividíronse o territorio. Un destes pequenos grupos, o [[mexica]], pouco importante politicamente nun principio, daría lugar a gran cultura que atoparon os españois no altiplano, nucleada ao redor da grande urbe de Tenochtitlan. No ano 1325 establecéronse nunha pequena illa no arquipélago do [[lago de Texcoco]]; o seu asentamento era símbolo da humildade da súa condición e do desprezo de que eran obxecto por parte dos pobos veciños, posto que os mexicas eran vasalos dos tepanecas de Azcapotzalco, situación que había de perdurar ata o ano 1427, momento no que se rebelan e logran a súa independencia iniciando así a súa ascensión política. Así, en menos de cen anos lograron constituírse no centro do mundo mesoamericano, coñecido por aquel tempo como o inicio do imperio [[Azteca]], do que volveremos a tratar un pouco máis adiante. [[Ficheiro:39530972azt.jpg|thumb|right|200 px|Os [[azteca]]s foron a fusión derradeira da todas as culturas relixiosas e culturais do estado de México.]]
 
No sueste, entre as [[Fraga (botánica)|fragas]] e os ríos de [[Chiapas]] e [[Quintana Roo]], levantouse un dos testemuños máis impresionantes da cultura antiga americana: os [[civilización maia|maia]]s. Toda a rexión surleste da República mexicana foi cuberta pola civilización maia en diversos momentos do seu desenvolvemento; pero o maior esplendor alcánzase na rexión antes descrita, unha zona selvática e intrincada que co paso do tempo reservou para si moitas das respostas maias, ocorrería isto entre os anos 300 e 900 da nosa era. Centrada case nunca totalidade no actual departamento guatemalteco de [[Petén]] e nas áreas próximas dos estados de Chiapas e Tabasco, así como o territorio de [[Belice]] e a zona occidental de [[Honduras]]. Talaban con obsidiana e pedernal utensilios e armas, ou fabricaban con pedra puída. Tamén o [[millo]] era a base da alimentación dos [[maia]]s. Completaban a súa subsistencia con [[tubérculo]]s, [[faba]]s, [[cabaza]] e [[chile]]s, ademais dunha froita da árbore chamada "ramón". A caza, a recolección, a pesca e a domesticación dalgúns animais eran parte da suasúa economía. Algunhas das súas cidades son: Tikal, Uxmal, Dzibilchaltún, Iaxchilán, Bonampak, Copán e Palenque. Os maias posuían un sistema vixesimal e mostraron grande interese pola [[astronomía]]. Por suposto, e como algunhas culturas máis, ao final do período Clásico a cultura maia decaeu. Outro tanto se pode dicir que pasou cos herdeiros dos principios culturais dos olmecas e das culturas do altiplano, alcanzaron un alto grao de refinamento na su vida cotiá. Lexisladores, astrónomos, artistas, escribas e sacerdotes, os maias evolucionaron sobre todo na arte, a ciencia e a relixión, ata chegar o seu misterioso fin.
 
As migracións de grupos culturalmente menos desenvolvidos, co contacto e o enfrontamento cos pobos xa asentados. En consecuencia os [[Otomí]]s cunha cultura inferior á mesoamericana ocupan o val do [[Mezquital]] e a cunca de México (ocorría isto entre os anos 650 o 900), onde recibiron influencias dos pobos veciños. Os Tolteca-Chichimecas, pobos nahuas procedentes probablemente dos territorios de Jalisco e Zacatecas, tamén iniciaron a invasión do territorio no que aumentarían a súa cultura e dominarían por un longo período a política dos novos estados. Seguíase nunha etapa militarista, coa formación de imperios. O comercio foi unha actividade fundamental que, ademais de permitir o intercambio de produtos e materias primas, facilitaba o contacto cultural. Destas altitudes xa parece a introdución da metalurxia.