Óso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.6.5) (Bot: Engado: zh-yue:骨
Lameiro (conversa | contribucións)
→‎Composición: lig. cara hom.
Liña 13:
Os minerais dos ósos non son compoñentes inertes nin permanecen fixos, senón que son constantemente intercambiados e substituído xunto cos compoñentes orgánicos nun proceso que se coñece como ''remodelación ósea''. A súa formación e mantemento está regulada polas [[hormona]]s e os [[alimento]]s inxeridos, que achegan [[vitamina]]s de vital importancia para o seu correcto funcionamento. Non obstante, non todas as partes do corpo teñen este tipo de tecido, como por exemplo o pene, orellas, seos e nariz.
 
É un [[Tecido (bioloxía)|tecido]] moi consistente, resistente aos golpes e presións pero tamén elástico, protexe órganos vitais como o [[corazón]], [[pulmón]]s, [[cerebro]] etc., así mesmo permite o [[movemento]] en partes do corpo para a realización de [[traballo (física)|traballo]] ou actividades establecendo o desprazamento da persoa. Forma o [[aparello locomotor]] orixinando a estrutura ósea ou [[esqueleto]]. É tamén un depósito de almacenamento de [[calcio]] e fósforo do corpo.
 
Os ósos compóñense de un tecido vivo chamado tecido conectivo. Os ósos clasifícanse como ósos curtos, longos, planos ou irregulares; por exemplo, os ósos das pernas e brazos son ósos longos, os da cara e vértebras son ósos curtos e os do cranio son ósos planos ou irregulares.