Arquea metanóxena: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 60:
*'''Animais ruminantes'''. A [[celulosa]] que se encontra no rume dos [[ruminante]]s (vaca, ñu, ovella, etc.) é fermentada por bacterias a cadeas máis curtas e H<sub>2</sub> e CO<sub>2</sub>, que despois as arqueas metanóxenas do rume utilizan, producindo a partir deles metano. Os gases, dióxido de carbono e metano, son expulsados polo animal por medio de [[arroto]]s e nos excrementos.
 
*'''Termitas'''. Algunhas [[termita]]s, como as ''[[Xylophagus]]'' spp. teñen poboacións de distintos procariotas no seu aparato dixestivo, que lles permiten dixerir a madeira. Neste caso, os metanóxenos non están directamente nos estómagos do insecto, senón en [[endosimbiose]] dentro dalguna bacteria ou protozoario que viven dentro da termita.
 
*'''Outros animais'''. Moitos herbívoros non ruminantes, como os cabalos, e tamén os seres humanos temos algúns metanóxenos no tracto gastrointestinal. No caso humano o metano é expulsado por medio de flatulencias.