Crebinsky: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ToloBot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-FichaFilme +Filme)
Liña 29:
A historia está ambientada na costa galega en xuño de [[1944]], no contexto da [[Segunda Guerra Mundial]]. Feodor e Mijail Crebinsky son dous irmáns, fillos de María Cribeiro e Vladimir Crebinsky, un piloto ruso sofrera un accidente aéreo. Noutro accidente os nenos quedan orfos, e logo dunhas choivas torrenciais o río crece e asolaga a aldea na que viven. Levados pola corrente, os irmáns e a súa vaca Mucha aparecen na costa. Fan unha cabana non lonxe dun [[faro]], sobrevivindo grazas ás crebas, os obxectos que deixa o mar.
 
Sen sabelo, vense implicados no conflito bélico.
Sen sabelo, vense implicados no conflito bélico. Un piloto alemán da [[Luftwagen]] ten un accidente na praia, e un submarino estadounidense decide desembarcar alí. Soldados alemáns que traballan preto de alí, nunha [[mina]] de [[volframio]], van xunto cun [[Falange Española|falanxista]] na procura do piloto accidentado, pois levaba un radiotransmisor. Os irmáns comezan unha viaxe pola zona na procura da súa vaca, e chegan a unha [[verbena]] na que actúa un grupo musical.
 
Finalmente atopan á vaca, xunto á tumba dos seus pais. Nese momento a vaca morre, e os irmáns regresan á aldea natal.
 
==Personaxes==