Asociación de Clubs de Baloncesto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Páxina de homónimos resolta polo bot: cambiou unha ou varias ligazóns cara a Copa do Rei de baloncesto na páxina "Copa do Rei"
Liña 5:
A constitución da ACB formalizouse o mércores 3 de marzo de 1982 en Madrid mediante a firma dunha acta notarial na que estamparon a súa firma Carlos Casas ([[Manresa E.B.]]), Juan Fernández ([[OAR Ferrol]]), Santiago Toca ([[Valladolid C.B.]]), José Cabrera ([[C.B. Canarias]]), Anxo Palmi ([[C.B. Granollers]]), Carlos Pastrana ([[La Salle Bonanova]]) e Santiago March ([[Joventut Badalona]]). [[Eduardo Portela]] e [[José Antonio Gasca]] foron os impulsores.
 
Dende a tempada [[1983]]-[[1984]], a ACB organiza anualmente a [[Liga ACB|competición de elite do baloncesto masculino español]], transformándose a antiga Liga Nacional na nova [[Liga ACB]]. A nacente organización contribuíu a profesionalizar e modernizar o baloncesto español e a tentar converter a liga Nacional na segunda competición nacional máis importante do mundo tras a [[NBA]] ao implantar unha filosofía de deporte-espectáculo: venda conxunta dos dereitos de transmisión por televisión, instauración dos ''play offs'' polo título e un Partido das Estrelas (a semellanza do [[All-Star Game]] da [[NBA]]), fase final da [[Copa do Rei de baloncesto|Copa do Rei]] (primeiro con catro equipos, logo con oito), creación da Supercopa de España (a mediados dos anos 80 e resucitada en 2004)...
 
O primeiro presidente da ACB foi o entón máximo dirixente do C.B. Granollers, Antonio Novoa. O directivo responsable da sección de Baloncesto do Real Madrid Mariano Jaquotot sucedeulle no cargo e Juan Fernández, presidente do OAR Ferrol, foi o último mandatario vinculado directamente a un club asociado. O primeiro ''independente'' foi Evaristo do Río e o segundo é quen actualmente ostenta o cargo, Eduardo Portela. Todos os directivos teñen que responder anualmente da súa xestión á Asemblea Xeral, que representa aos clubs que toman parte na competición. Portela preside a ACB dende 1990 e, un ano despois, impulsou a creación da [[ULEB|Unión de Ligas Europeas de Baloncesto (ULEB)]], organización que tamén preside Portela na actualidade. A [[ACB]] e a [[ULEB]] teñen a súa sede na cidade de [[Barcelona]].