Agrupación Deportiva Alcorcón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: ro:AD Alcorcón
Prebot (conversa | contribucións)
m Páxina de homónimos resolta polo bot: cambiou unha ou varias ligazóns cara a Copa do Rei de fútbol na páxina "Copa do Rei"
Liña 27:
A Agrupación Deportiva Alcorcón foi fundada no ano [[1971]] por Dionisio Muñoz Jerez e tras varias tempadas deambulando por [[Categoría Preferente de Afeccionados da Comunidade de Madrid|Rexional Preferente]] e [[Terceira división española|Terceira división]] na tempada [[1999]]-[[2000|00]] consegue o ascenso á [[Segunda división B española]] logrando finalizar na tempada [[2000]]-[[2001|01]] (primeira da súa historia en [[Segunda División B de España|Segunda B]]) na 12ª posición. Na seguinte tempada o club non realiza unha campaña tan boa como a anterior e finaliza na 16ª posición, moi preto dos postos de descenso a [[Terceira división española|Terceira]]. Durante as seis tempadas seguintes o equipo logra quedar clasificado na zona media da táboa, ata a tempada [[2008]]-[[2009|09]] na que queda clasificado como 3º do seu grupo, accedendo así a disputar a promoción de ascenso a [[Segunda División de España|Segunda División]].
 
Na promoción de ascenso a segunda logrou eliminar na primeira rolda ao [[Unió Esportiva Sant Andreu|UE Sant Andreu]] (0-0 e 4-2) e na segunda rolda ao [[Club Deportivo Alcoyano|CD Alcoyano]] (1-0 e 2-1). Na fase final logrou un resultado de 0-0 fronte ao [[Real Unión de Irún]] na ida polo que o ascenso decidiríase no [[Stadium Gal]] de [[Irún]]. No partido disputado en [[Irún]] fronte ao [[Real Unión]] sufriu unha derrota por 3-1 dicindo adeus ao ascenso de categoría e tendo que conformarse con disputar a tempada [[2009]]-[[2010|10]] en [[Segunda división B española|Segunda B]]. Na tempada [[2009]]-[[2010|10]] o club participa de novo na [[Copa do Rei de fútbol|Copa do Rei]] debido a que na tempada [[2008]]-[[2009|09]] logrou quedar terceiro clasificado de [[Segunda división B española|Segunda B]] (grupo II).
 
Na tempada [[2009]]-[[2010|10]] queda campión do grupo II de [[Segunda división B española|Segunda B]] e non pasa a primeira eliminatoria de campións contra o [[Granada CF]]. Con todo, logra pasar as dúas seguintes eliminatorias e subir a [[Segunda División Española|Segunda División]] por primeira vez na súa historia.