Urina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m volume (física)
Prebot (conversa | contribucións)
m Páxina de homónimos resolta polo bot: cambiou unha ou varias ligazóns cara a Ovo (bioloxía) na páxina "Ovo"
Liña 32:
A comunmente coñecida análise da urina consiste nun conxunto de exames feitos na urina dun individuo que incluen a avaliación das características físicas da urina (cor, concentración, turbación), a observación ao [[microscopio]] e determinacións químicas. Esta pode verificar se a función renal se encontra normal ou detectar alteracións no aparello urinario ou noutros sistemas.
 
O exame ao [[microscopio]] pode revelar [[hematuria]], o que indica alteracións nos glomérulos (unidades de filtración dos riles) ou unha doenza dos andares superiores ou inferiores do aparello urinario. Este pode ainda revelar rollóns de proteínas e células renais, chamados cilindros, en calquera dos varios tipos de doenzas renais; [[pus]] ou bacterias cando hai unha infección do tracto urinario; cristais, que indican a posibilidade dun erro conxénito do [[metabolismo]] ou susceptibilidade á formación de cálculos do tracto urinario, e [[ovoOvo (bioloxía)|ovos]]s de [[esquistossoma]] na doenza [[parasito|parasitaria]] chamada ''billarzíase'', ou ''[[esquistossomiase]]''.
 
Se unha simple gota de urina acabada de coller for espallada en camada fina sobre a superficie dunha xelatina nutriente e incubada na estufa, calquera bacteria se multiplicará e formará colonias. A aparencia desas colonias ao exame microscópico irá permitir ao [[microbioloxía|microbiólogo]] a identificación do organismo causador da infección no tracto urinario.