Diferenzas entre revisións de «Pierre Joseph Proudhon»

m
Páxina de homónimos resolta polo bot: cambiou unha ou varias ligazóns cara a Karl Marx na páxina "Marx"
m (r2.7.1) (Bot: Engado: ar:بيير جوزيف برودون)
m (Páxina de homónimos resolta polo bot: cambiou unha ou varias ligazóns cara a Karl Marx na páxina "Marx")
Orixinario, como [[Charles Fourier]], do [[Franco Condado]], no que, como di G. Lefranc, "''ata a revolución de [[1789]], houbo servos ao servizo das abadías, pero que desde a [[Idade Media]] ía orientándose cara a fórmulas cooperativas, mediante a constitución de froiterías''", as súas concepcións económicas e sociais teñen unha primeira e profunda raíz nas observacións da súa infancia sobre o traballo, a propiedade, a venda, o xusto prezo.
 
Grazas á bolsa Suard puido estudar Proudhon durante algún tempo no Colexio de [[Besançon]], pero razóns económicas impedíronlle concluír alí o seu bacharelato. Basicamente débeselle considerar, pois, como a [[Charles Fourier|Fourier]] un [[autodidacta]]. Tamén nisto as súas orixes opono a [[Karl Marx|Marx]]. O carácter non sistemático, as contradicións (reais ou aparentes), o voo grandioso e o brillante rigor do seu estilo son o resultado do seu xenio francés, campesiño-artesanal, autodidáctico.
 
A primeira obra que Proudhon escribiu foi un ensaio sobre as categorías gramaticais ([[1835]]), co cal optou ao premio nun concurso promovido pola Academia de [[Besançon]]. En [[1839]] publicou un traballo de carácter histórico-sociolóxico, sobre a celebración do domingo, que, igual que o primeiro, non chamou moito a atención. Pero a súa terceira obra, ''[[Qu'est-ce que la propriété?]]'' ([[1840]]) fíxoo repentinamente famoso en [[París]], en Francia e no mundo. Ao ano seguinte, en [[1841]], e logo en [[1842]], completou as teorías alí expostas cunha Segunda e Terceira memoria.
 
En [[1843]] escribiu dúas obras importantes: "A creación da orde na humanidade" e ''[[Système des contradictions économiques ou Philosophie de la misère]]''. Esta última deu lugar a unha réplica de [[Karl Marx|Marx]], quen dialecticamente escribiu un ano despois ''[[Misère de la philosophie]]''.
 
Proudhon coñeceu a Marx en [[París]]; ao ano seguinte ([[1845]]) coñecerá a [[Mikhail Bakunin]]. E aínda que é verdade que Proudhon recibiu a influencia do novo filósofo alemán, non é menos certo que, á súa vez, influíu grandemente sobre el. Baste recordar que Proudhon foi o primeiro que falou do socialismo como ciencia, na súa Que é a propiedade? Marx admiraba este libro e fixo del un gran eloxio en "A Sagrada Familia" ao afirmar que reviste unha importancia polo menos igual ao folleto do abate [[Emmanuel Joseph Sièyes]], ''Que é o Terceiro Estado?'' Di textualmente [[Karl Marx|Marx]]: "''Proudhon non escribe soamente en nome dos proletarios; el mesmo é un proletario. A súa obra é o manifesto científico do proletario francés e presenta unha importancia histórica distinta da elucubración literaria dun crítico calquera''".
 
En [[1848]] Proudhon é elixido deputado á [[Asemblea Nacional Francesa|Asemblea Nacional]], ao proclamarse a [[Segunda República Francesa|Segunda República]]. No seo dese corpo lexislativo combate a proposta do reformista [[Luís Blanc]], "''cuxos talleres nacionais adormentan aos proletarios sen concederlles nada do esencial''". Nese medio republicano-burgués aparece como un estraño disidente. El mesmo escribe nos seus Carnés: "''Estes deputados asómbranse de que eu non teña cornos e garras''". Con todo, as súas ideas, a través do xornal que publica, "Le representant du peuple", chegan a ter entón gran influencia nos estratos populares de París. Cando o xeneral [[Louis Eugène Cavaignac]] reprime violentamente a revolta Popular do [[23 de xuño]], seiscentos noventa e un dos seiscentos noventa e tres deputados da Asemblea aproban a súa conduta: Proudhon é un dos dous que a condena.
 
== Discusións entre Marx e Proudhon ==
As cordiais relacións entre Proudhon e [[Karl Marx|Marx]] non duraron moito. Marx, que rompeu con cantos lle precederon, quixo atacar, en certo momento, ao alemán [[Grün]], representante do chamado "verdadeiro socialismo", e quixo arrastrar consigo a Proudhon, o cal, o mesmo que [[Bakunin]], non se prestou a iso. Velaquí o que en tal ocasión escribe o "pai do socialismo francés" ao "pai do socialismo alemán": "''Logo de demoler todos os dogmas a priori, non caiamos, á nosa vez, na contradición do voso compatriota [[Martiño Lutero]]; non pensemos tamén nós en adoutrinar ao pobo; manteñamos unha boa e leal polémica. Demos ao mundo o exemplo dunha sabia e previsora tolerancia, pero, dado que estamos á cabeza do movemento, non nos transformemos en xefes dunha nova intolerancia, non nos situemos como apóstolos dunha nova relixión, aínda que esta sexa a relixión da lóxica''".
 
Marx ataca a Proudhon cando este publica o seu Sistema das contradicións económicas, tres ou catro anos logo de encomialo polo libro ''[[Qu'est ce que la propriété?]]''.
44.135

edicións