Ideoloxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Substitución auto
Prebot (conversa | contribucións)
m Páxina de homónimos resolta polo bot: cambiou unha ou varias ligazóns cara a Karl Marx na páxina "Marx"
Liña 17:
Entre os marxistas que se dedicaron ó estudo da ideoloxía, ou fixeron comentarios significativos sobre o tema, están [[Karl Marx|Marx]] e [[Engels]], [[Lukács]], [[Althusser]], [[Gramsci]], [[Theodor Adorno]] e, máis recentemente, [[Slavoj Žižek]].
 
Malia que comunmente adoita falarse dunha teoría da ideoloxía homoxénea do marxismo, ligada ó esquema base-superestrutura, existen numerosas variacións teóricas que tratan este tema. Algúns analistas da teoría da ideoloxía marxista, por exemplo [[Terry Eagleton]], chegaron a afirmar que nos escritos do propio [[Karl Marx|Marx]] existen teorías diferentes sobre o punto.
 
Durante a etapa estalinista da [[URSS]], o marxismo quedou reducido ó [[materialismo dialéctico]] (ou ''diamat'') e á chamada ''concepción materialista da historia''. Estas doutrinas, codificadas e pouco cuestionables, eran ensinadas academicamente, cunha sección mesma na [[Academia de Ciencias]]. Para os marxistas occidentais, e especialmente para os historiadores de orientación non ortodoxa, que adoita chamarse ''marxiana'', sobre todo en [[Francia]] e [[Inglaterra]] (máis ou menos ligados á renovación historiográfica de mediados do [[século XX]] que supuxo a [[Escola de Annales]]), é imposible explicar a historia dun xeito tan determinista. Desde ese punto de vista, adoitan atoparse na [[historiografía]] interpretacións da ideoloxía no sentido que a inadecuación da '''ideoloxía dominante''' a novas condicións ou a aparición de '''ideoloxías alternativas''' que entran en competencia con ela, produce unha [[crise ideolóxica]]. Así adoita admitirse que, aínda que desde un punto de vista marxista clásico adoita herético, cando unha ideoloxía dominante non cumpre eficazmente a súa función fai aumentar a tensión social ([[loita de clases]]) que contribúe á [[crise]] dun [[modo de produción]] e a súa transición ó seguinte.