Comuna de París: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Modifico: sh:Pariška komuna
Prebot (conversa | contribucións)
m Páxina de homónimos resolta polo bot: cambiou unha ou varias ligazóns cara a Karl Marx na páxina "Marx"
Liña 66:
Na esquerdas, hai quen criticaron á Comuna por amosarse demasiado moderada, especialmente dada a situación na que se atopaban. [[Karl Marx]] atopou agravante que os membros da Comuna ''perdesen valiosísimos momentos'' organizando eleccións democráticas no canto de terminar dunha vez por todas con Versalles. O banco nacional da Francia, sito en París coa reserva de millóns de francos, foi deixado intacto e desprotexido polos membros da Comuna. Timidamente pediron prestado diñeiro do banco (que, obviamente, obtiveron sen ningunha vacilación). Os membros da Comuna optaron por non colleren os recursos do banco por medo a que o mundo enteiro os condenase. Deste xeito, movéronse grandes sumas de diñeiro dende París a Versalles, cartos que terminou por financiar o exército que deu fin á Comuna.
 
Algúns [[Comunismo|comunistas]], [[esquerdistas]], [[Anarquismo|anarquistas]] e outros simpatizantes viron á Comuna como un modelo para, ou como base dunha sociedade liberal, cun sistema político baseado na democracia participativa coma eixo da administración. [[Karl Marx|Marx]] e [[Friedrich Engels|Engels]], [[Bakunin]] e posteriormente [[Lenin]] e [[Trotsky]] intentaron sacar leccións teóricas (en particular no que concierne (á marchitación do estado) dende a limitada experiencia vivida pola Comuna. O crítico Edmond de Goncourt obtivo unha lección máis pragmática: tres días após a ''[[Semaine sanglante]]'' escribiu {{cita|A perda de sangue foi total, e unha perda de sangue coma esta, ó asasinar a parte rebelde da poboación, pospón a seguinte revolución... A vella sociedade ten 20 anos de paz antes dela...}}.
 
A Comuna de París foi parte das citas de moitos líderes comunistas. [[Mao Tse Tung|Mao]] referíase a ela con bastante frecuencia. Lenin, xunto a Marx, consideraban a Comuna un exemplo real da ditadura do proletariado. No seu funeral o seu corpo foi envolto nos restos dunha bandeira vermella preservada dende a Comuna. A nave espacial [[Voskhod 1]] portaba parte dun estandarte da Comuna de París. Tamén, os [[bolxevique|Bolxeviques]] renomearon a nave de combate [[Sevastopol]] a "Parizhskaya Kommuna" en honra á Comuna.