Poro nuclear: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: sv:Kärnpor
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 47:
 
===Desensamblaxe===
Durante a mitose os complexos dos poros nucleares parecen desensamblarse por fases. Algunhas [[nucleoporina]]s periféricas como a Nup 153, Nup 98 e Nup 214 disgréganse do complexo do poro. O resto, que poden ser consideradas proteínas de armazón, permanecen estables en forma de complexos anulares cilíndricos na envoltura nuclear. Esta desensamblaxe dos grupos periféricos dos complexos dos poros moi probablemente está impulsada polo fosfato, xa que varias destas nucleoporinas son fosforiladas durante as fases da mitose. Porén, non se coñecen os [[encima]]s implicados na [[fosforilación]] in vivo. En metazoos (os cales presentan mitose aberta) a envoltura nuclear degrádase rapidamente despois da perda das Nups periféricas. A razón disto pode ser o cambio na arquitectura dos complexos dos poros. Este cambio pode facer que o complexo do poro sexa máis permeable aos encimas que interveñen na degradación da envoltura nuclear, como a [[tubulina]] citoplasmática, e tamén permitir a entrada de proteínas reguladoras mitóticas chave.
 
===Preservación da integridade do núcleo en certos fungos===