Audiencia (medios de comunicación): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Prebot (conversa | contribucións)
m Páxina de homónimos resolta polo bot: cambiou unha ou varias ligazóns cara a radio (medio de comunicación) na páxina "Radio"
Liña 1:
{{Outroshomónimos|Audiencia}}
A '''audiencia''' dos [[medios de comunicación]] é a cantidade de persoas que seguen un medio, sexa este unha publicación periódica, unha [[radio (medio de comunicación)|radio]], unha [[televisión]] e mesmo unha [[páxina web]]. Mídese a través da cota de audiencia, que representan as porcentaxes de [[consumo]] dun medio determinado en relación ao consumo total.
 
==Sistemas de medida==
O cálculo da audiencia realízase a través de medir canta xente está a oír unha [[radio (medio de comunicación)|radio]] (ouvintes), ver unha [[televisión]] (telespectadores), mais tamén en relación á [[prensa]] e das revistas (lectores) e, recentemente, o tráfico que unha determinada web ten (visitas).
 
Nas medicións adoitan terse en conta parámetros como son o máximo e o mínimo de cota de audiencia da cada programa, a fidelidade ou a cota de audiencia das cadeas durante un período de tempo determinado (como pode ser unha semana, un mes ou un ano). Unha forma de medir as audiencias é a través de enquisas ou de aparellos como audímetros.