Lingua estándar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Prebot (conversa | contribucións)
m Páxina de homónimos resolta polo bot: cambiou unha ou varias ligazóns cara a radio (medio de comunicación) na páxina "Radio"
Liña 49:
Os estándares, como linguas elaboradas, restrinxidas e fixas, non poden considerarse variantes naturais dunha lingua. Ademais, como artificios que son, formados convencionalmente por axentes de planificación lingüística (autoridades lingüísticas: academias -para o galego, a RAG-, ou gramáticos, ortógrafos e lexicógrafos normativistas), non se crean por convención social dunha comunidade de falantes, senón como consecuencia dunha actuación expresa sobre a linguaxe. Como modelos de lingua fixos, teñen unha variación interna mínima e non están suxeitos ás leis naturais do [[cambio lingüístico]]. Para mutar, cómpre que un axente normalizador os modifique expresamente, a miúdo para axeitalos aos cambios que se asentaron na lingua natural ou para axeitalos a novas necesidades políticas, educativas, económicas ou sociais. Como modelos de lingua artificiais e elaborados, apréndense tras longos anos de instrución. Así, '''o estándar do galego non é un dialecto do galego, nin un diasistema. Tampouco é unha norma social ou norma usual,''' entendendo por norma usual o xeito particular do uso da lingua nun determinado grupo, sexa este social, xeográfico ou funcional. Se fose unha norma usual, habería multitude de estándares, dado que a norma usual implica, a dicir de Luís Fernando Lara (''Lingua histórica e normatividad,'' Barcelona, Ariel, 2004) que «Haberá tantas normas como dialectos e sociolectos se poidan identificar. Posto que tales "normas" son falas de certas colectividades socialmente delimitadas, a cada individuo corresponderalle unha "norma" segundo o enfoque dialectal que se lle aplique».
 
Á marxe do estándar ou dos estándares oficiais dunha lingua, os medios de difusión masiva ([[prensa]], [[radio (medio de comunicación)|radio]], [[televisión]] e [[editorial|editoriais]]) poden crear os seus propios estándares, de acordo coas súas propias necesidades de comunicación e coas características concretas dos grupos de falantes aos que se dirixen. Estes estándares particulares recóllense nos libros de estilo de cada medio. Nestes estándares poden estar presentes trazos lingüísticos do diasistema que non están recoñecidos no estándar oficial.
 
== Estándar e Conflito lingüístico ==