Mecánica cuántica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
Prebot (conversa | contribucións)
m Páxina de homónimos resolta polo bot: cambiou unha ou varias ligazóns cara a partícula subatómica na páxina "Partícula"
Liña 1:
A '''mecánica cuántica''' é a parte da [[física]] (máis ''particularmente'', da [[física moderna]]) que estuda o movemento das [[partícula subatómica|partículas]]s moi pequenas. O concepto de partícula "moito pequena" , mesmo que de limites moi imprecisos, relaciónase coas dimensións nas cales se comezan a notar efectos como a imposibilidade de coñecer con ''exactitude infinita '' e ''ao mesmo tempo'' a posición e mais a velocidade dunha partícula (vexa [[Principio da incerteza de Heisenberg]]), entre outras. A ditos efectos chámase "efectos cuánticos". Así, a Mecánica Cuántica é a que describe o movemento de sistemas nos cales os efectos cuánticos son relevantes. Experimentos mostran que estes son relevantes en escalas de ata 1000 [[átomo]]s. Entre tanto, existen situacións onde mesmo en escalas macroscópicas, os efectos cuánticos se fan sentir de forma manifestamente clara, como nos casos da [[supercondutividade]] e da [[superfluidez]]. A escala que regula en xeral a manifestación dos efectos cuánticos é o [[raio de Bohr]].
[[Ficheiro:HAtomOrbitals.png|300px|thumb|Fig. 1: A [[función de onda]] dun [[electrón]] dun átomo de hidróxeno ten niveis de enerxía definidos e discretos ós que se lle asigna un número cuántico n=1,2,3,... e valores definidos de [[momento angular]] caracterizados pola notación: s, p, d,... As áreas brilantes da figura corresponden a elevadas densidades de [[probabilidade]] de atopar o electrón nesa posición.]]
== Principios da Mecánica Cuántica ==